Skip to Content

UN FINAL FELIZ

O martes 28 de maio o grupo de 3º B tivemos a sorte de contar coa visita da nai dunha das nosas compañeiras, Lucía Amil, nai de Helena García.

Lucía traballa en Yelmo Cines e sabe moitísimo sobre o proxecto que este ano tocou traballar durante todo o curso: o Cine!

Contounos cousas interesantísimas e aprendimos moitísimo sobre o cine antigo e o cine de hoxe en día.

Ademais, trouxo un montón de obxectos que puidemos tocar así como diferentes formatos de películas, cintas de películas de anuncios publicitarios, un aparato antigo que servía para pegar as películas cando estas se rompían debido á calor... pero sen dúbida o que máis nos gustou foron os FLOCOS de MILLO! que como dixo Lucía: "foron o único que non cambiou no cine dende a súa existencia".

Só nos queda dar as grazas a Lucía por poñerlle un broche tan brillante a este proxecto que tanto nos gustou e que por suposto tivo o final que máis nos gusta a todos: un FINAL FELIZ!

Podedes ver máis fotos neste enlace ---> LINK

 



blog | by Dr. Radut