Skip to Content

LIBROS DE 6º DE E.P.

Xa está correxido o ISBN do libro de inglés de 6º de EP, polo que xa está de novo colgada a listaxe de libros na web (icono "libros de texto")

Libros de texto 6°EP.

Houbo un erro na listaxe dos libros de texto de 6° EP: o libro de inglés é da editorial Santillana (non Macmillan).

En canto teñamos o ISBN correspondente colgaremos de novo a lista.

Sentimos moito as molestias ocasionadas.

VIDEO GRADUACIÓN DOS ALUMNOS DE 6º E.P.

Aquí vos deixamos o video realizado para a Graduación dos nosos alumnos de 6º E.P.

Que o desfrutedes!

FELIZ VERÁN!

Estimadas familias,

O Centro permanecerá pechado a partir do vindeiro luns 8 de xullo.

Estaremos á vosa disposición no enderezo de correo ceip.eusebio.guarda@edu.xunta.gal.

Aproveitamos para desexarvos un faliz verán!

Atentamente,

O Equipo Directivo.

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO

Aviso para todos os solicitantes de axudas para material escolar e libros de texto curso 2024-25:

  • Alumnado de 1º e 2º de E.P, recollida de vales para material escolar e vales para libros de texto do 1 ao 5 de xullo na Secretaría do Centro, de 9:15 a 13:45h. De non facelo nesas datas podedes recollelo a partir do 1 de setembro.
  • Alumnado de 3º,4º,5º e 6º de E.P, recollida de vales para material escolar do 1 ao 5 de xullo na Secretaría do Centro en horario de 9:15 a 13:45h.

FONDO LIBROS. Entrega de libros de préstamo:

  • A entrega de libros de préstamo farese en setembro, na primeira semana de clase según os exemplares que corresponda a cada alumno segundo o programa FONDO LIBROS .
  • Os listados provisionais estarán expostos no taboleiro de anuncios do colexio do 1 ao 3 de xullo. Tamén podedes consultar na aplicación do programa FONDO LIBROS, na páxina da Consellería, o estado da vosa solicitude.


by Dr. Radut