You are hereEducación Infantil
Educación Infantil
Memory auditivo ( 20/05/2020)
Bos días:
Que tal estades? Imaxinamos que desfrutando destes fantásticos días de sol!
Queremos darvos as grazas a todos/as os que nos mandades as vosas fotos facendo as actividades, fainos moita ilusión recibilas!
Aquí tedes as do memory auditivo:
As pitas baixo a choiva (19/05/2020)
Ola familias:
Seguimos celebrando a semana das letras galegas, hoxe cun conto de Ricardo Carvalho Calero " As pitas baixo a choiva", así coma cunha canción relacionada co mesmo.
Neste relato o narrador evoca capítulos da súa biografía estival moi divertidos!
Disfrutádeo moito!
Partindo do conto imos realizar unha merenda saudable, esta é só unha proposta, vós podedes realizar receitas diferentes, eso sí, que sexan sans e que estean relacionadas co conto!
Agora tócavos cociñar a vós!
* Recordade que tedes ata o día 26 de maio para envialas.
-Bicos das vosas profes-
FOTOS XOGOS CON POMPAS
Aquí vos deixamos novas fotos... Só fai falta ver as vosas caras para comprobar o ben que o pasastes con estes xogos de pompas.
Grazas a todxs por participar!
Semana das Letras Galegas 2020
Chicas, chicos e familias:
Como todxs sabedes, onte 17 de maio, foi o día das Letras Galegas…neste 2020 o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero.
É un día moi importante para o pobo galego e para a xente que naceu aquí ou que vive nesta terra que garda un tesouro tan grande como unha lingua, unha fala propia…
“O IDIOMA É A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO…” canta Uxía musicando un poema dun escritor galego ( Manuel María ó que se lle dedicou este día no ano 2016). E aquí, en Galicia, temos a inmensa sorte de contar cunha chave propia que debemos gardar para que nunca se perda e podamos “abrir o mundo…”.
“O IDIOMA É O TEMPO, É A VOZ DOS AVÓS…” polo que coidar o idioma é manter vivo o recordo de quen nos coidou e nos ensinou tanto da vida…
Hoxe deixámosvos un “escape room” dixital realizado por unha mestra que comparte con todos nós o seu traballo para que o podamos gozar.
Serás quen de resolver os retos: adiviñar, atopar chaves, buscar con lupa e máis…para descubrir o código segredo que te axudará a chegar ó final…?.
Ánimo que seguro que vos gustará esta actividade que só a compartimos con vós para que pasedes ben sempre coa vosa familia.
Grazas pola vosa atención.
Querémosvos en galego!
Bicos das vosas profes de Infantil.!
https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20
Misterio en Infantil (2) (18-5-2020)
Queridas amigas e amigos...seguimos sin saber cal é o misterio por resolver en Infantil pero temos que comunicarvos que tedes máis tempo ata o vindeiro luns 25 de maio para mandar as vosas propostas, xa que esta semana do 18 ó 22 de maio ímola dedicar ás Letras Galegas.
Pero aquí deixamos algunha pista máis por se queredes seguir investigando...!!!
1.- Na carta hai unha foto de panos....de qué material serán.
2.- Fixádevos na bandeira que aparece na carta...dende aí nos enviaron o paquete.
3.- Trátase dun ser vivo.
4.-Come follas dunha árbore.
E seguimos investigando e esperando que apareza algo....uhhh segue o misterio.
Saúdos misteriosos...!!!
Bicos!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »