You are hereEducación Infantil
Educación Infantil
Misterio en Infantil (3) (25-5-2020)
Bo día chicas, chicos e familias…
Que tal ides co do misterio?...
Cremos que vos fixemos pensar un pouquiño e xunto coa vosa familia pasar momentos divertidos, polo menos esa era a nosa intención….a nós tamén nos gustou ver a variedade de respostas que se vos ocorreron…!
Aquí tedes as ideas dalgún compañeiro/a:
Lía investigou e pensou que se trataba de sementes dunha árbore...
Mario chegou a conclusión de que eran grans de café...
Na casa de Olivia déronlle voltas as pistas, estiveron moi entretidas e aproveitaron para repasar varias sementes, así como as súas árbores e as hortalizas...e, finalmente pensaron que son sementes de berza ou col..
A Zoe pareceulle que son boliñas arco da vella que chegan as cortezas das árbores moi altas e acaban caendo ó chan e alguén recolleu...
Zhoe despois de pensar, fixo un debuxiño e imaxinou que podían ser formigas, xoaniñas ou froitos secos...
Na casa de Ana V. pareceulles divertido ir averiguando a partir das nosas pistas e, así pensan que se trata do Faisán chino e quixeron completar a actividade cuns "faroliños chinos"...
Martín pensou que son sementes dalgunha árbore e fixo para todxs un debuxo ben fermoso..
E Cristian pensou que eran sementes dunha flor: xeranio
Verdade que hai variedade de propostas...?
E xa veredes que alguen conseguiu descubrir o misterio…coas pistas ou non do luns pasado, non sabemos pero...
O certo é que algunha nena deu coa solución…
Sofía (4ºEI), Sabela, Zhoe (tempo despois do primeiro debuxo e despois de que lle leran máis pistas...) e Carmen (6ºEI) (no arquivo adxunto)...
Agora xa sabedes cal era o misterio...
OVOS DE EIRUGAS DA SEDA..!
Aquí tedes as primeiras imaxes...
E temos que seguir investigando, non vos parece?...
1.- Son vermes ou eirugas?, por que o sabedes?.
2.- Que significa eso de "seda"?
3.- Que comen?
4.- Que lles pasa ó longo do tempo despois de comer e comer?...
...iremolo vendo cada semana pero mentres esperamos as vosas respostas ata o luns 1 de xuño para dar resposta ás nosas preguntas con debuxiños e texto, por suposto...veremos quen se anima a "traballar"e participar...!
Mentres aquí deixamos unha canción moi chula...
Moitas grazas pola vosa participación e esperamos que sigades traballando con nós igual de ben. Sodes campioas e campións...Noraboa!
Mil bicos das vosas profes de Infantil.
FOTOS "PRESUME DE FAMILIA"
Aquí tedes a nosa exposición virtual PRESUME DE FAMILIA, na que os artistas de Infantil retrataron ás súas familias e fixeron uns cadros dignos de calquera museo ;)
Desfrutade das súas obras!
Artistas da clase de 3 anos: Martín, Zhoe, Olivia, Sabela, Sofía, Mario, Helena e Pablo. Artistas da clase de 4 anos: Laura, Zoe, Lía, Ana V. e Carmen G.
AS PITAS BAIXO A CHOIVA (22/05/2020)
Ola de novo nenxs e familias!
Esta semana centramos as actividades no conto As pitas baixo a choiva de Ricardo Carballo Calero, o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
Se vistes o conto que vos deixamos o martes (2º vídeo) e fixestes o antiface de pita que vos propuxemos onte, xa podedes facer a actividade de hoxe... Imos decorar un paraugas con pingas de auga para recrear este conto.
1- Debuxades moitas pingas de auga (un pouco grandes) e coloreádelas coa técnica que prefirades. Poden debuxalas os nenos, a familia ou imprimilas (arquivo adxunto).
2- Os nenos recortan ou pican con punzón as pingas. Collemos cordón, sedal ou lá e pegamos as pingas coma na imaxe. Despois colgámolas nun paraugas.
3- Collemos o noso antiface de pita e o noso paraugas decorado con pingas e… xa somos unha pita baixo a choiva! Só nos queda sacar unha foto para mandárllela ás profes (prazo de entrega: venres 29 de maio).
Grazas de antemán por participar! Achuchóns virtuais
Máis pitas e..... (21/05/2020)
Bos días nenos e nenas:
Seguimos a semana coas actividades das Letras Galegas. Nesta ocasión faremos unha manualidade que se relaciona co conto que vos propuxemos o outro día, "As pitas baixo a choiva" de Ricardo Carvalho Calero.
Para facela, precisaredes un anaco de goma eva ou cartolina de cor amarela, anaquiños de cor vermella e unha goma elástica ou la.
Para que será??????
Debuxamos, recortamos, pegamos, decoramos, atamos e....
Pero… OLLO… esta actividade non remata aquí, así que gardade o antiface porque mañá teredes unha nova misión. Será entón, cando completedes a tarefa o venres, cando teñades que mandarnos a foto do resultado.
Moito ánimo e agardamos que cumprades a misión.
Celia, Jenni, Tania e Shaila.
Novas fotos cheas de cor e olor. (21/05/2020)
Bo día nenos e nenas:
Que ilusión ver tantos ramos preciosos que nos enviastes, seguro que aos vosxs compis lles fai a mesma ilusión. Son uns días complicados, pero ao poder saír dar pequenos paseos permítenos despexar a mente, gozar de sensacións esquecidas e, quen sabe, cruzarse cos amigos e amigas cos que tan bos momentos pasamos no cole. Por esta razón quixemos propoñervos a actividade das flores. Moitas cores, tantos olores e múltiples texturas que mesturastes, combinastes e decorastes con cariño.
Un millón de gracias polas fotos.
As profes Tania, Jenni, Celia e Shaila.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »