You are hereEducación Infantil
Educación Infantil
LA PEQUEÑA ORUGA GLOTONA (29/05/2020)
Ola chicxs e familias! Como estades?
Agardamos que con ánimo para poder seguir facendo as actividades que vos propoñemos.
Xa sabedes que as profes temos eirugas da seda. Ben, pois hoxe deixámosvos un videoconto que sempre é un éxito entre os máis pequenos “La pequeña oruga glotona”, no que podedes observar o proceso de crecemento destes pequenos animaliños. Prestade moita atención, porque despois de velo teredes que contestar a unhas preguntas.
Unha vez visto o video, imos facer dúas actividades:
1ª ACTIVIDADE. Os nenxs van respondendo ás seguintes preguntas:
- Días da semana: Nomea os 7 días da semana. Podes facelo cantando a canción do cole.
- Conteo (Quitamos o audio e imos parando o video nas imaxes das froitas para que o neno poida contar): Cantas peras comeu a eiruga? Cantas fresas? Cantas laranxas? E cantas larpeiradas comeu o sábado?
- Letras: Deletrea as letras do título “LA PEQUEÑA ORUGA GLOTONA” (Podedes escribírllo nun papel, ós de 3 e 4 anos en maiúscula e ós de 5 anos en minúscula)
- Comprensión: Como se chama a casa que fan as eirugas ó seu redor? En que se converteu a eiruga pasadas dúas semanas?
2ª ACTIVIDADE. Debuxa e escribe sobre o ciclo de vida das eirugas. Podedes imprimir ou copiar o arquivo adxunto.
Primeiro falamos cos nenxs sobre as catro fases da eiruga, empregando os ordinais: 1º Era un ovo. 2º Do ovo naceu unha eiruga. 3º A eiruga fixo un casulo.4º Converteuse en bolboreta.
Despois completamos a ficha. No 1º cadro hai que debuxar e escribir a palabra OVO, no 2º a palabra EIRUGA, no 3º CASULO e no 4º BOLBORETA. Coloreamos, decoramos ó noso gusto e mandámoslles unha foto as profes.
Tedes ata o venres 5 de xuño para facer esta actividade tan completa, coa que repasaremos un montón de coñecementos. Moito ánimo para seguir aprendendo, consideramos que se os nenos non desconectan por completo durante tanto tempo a volta seralles un pouco máis faciliña...
Bicos e achuchóns xigantes das vosas profes
UNHA EIRUGA CONTANDO CONTAS (28/05/2020)
Boa tarde nenos e nenas:
Agora que xa sabemos que a intriga de Infantil eran as eirugas de seda, queremos propoñervos unha divertida actividade para facer un gusano que conta contas. Deste xeito traballaremos algúns contidos como os números, ademais do círculo e a seriación ou a motricidade fina para a súa elaboración.
Para deseñalo necesitaredes goma eva ou anacos de teas, unha cinta, un botón, tesoiras e rotulador para decorar.
Con todo, tedes que ter en conta que os máis peques de infantil traballarán os primeiros números, e iremos incrementándoos segundo poidamos.
Animádevos a deseñar unha fermosa eiruga combiando cores, decorando con orixinalidade e traballando tanto como cando estabamos no cole. Tedes ata o próximo 4 de xuño para mandarnos fotiños.
Un bico enorme das profes de infantil.
As pitas baixo a choiva (27/05/2020)
Ola chicos e chicas!
Aquí tedes as primeiras fotos da semana das letras galegas.
Vaia chefs estades feitos! As vosas profes seguro que vos imos a copiar as receitas!
ANIVERSARIOS (26/05/2020)
FELIZ ANIVERSARIO AOS CUMPLEAÑEIROS DESTA QUINCENA!
Esperamos que vos guste o vídeo!
Unha aperta moi grande das vosas profes
Experimento: Flota ou non...? (26/05/2020)
FLOTA OU NON…?
Ola nenos e nenas!
Hoxe toca experimentar con auga. O que imos facer é:
-
- Buscar diferentes obxectos que queiramos comprobar se flotan ou non.
-
- Encher un recipiente con auga.
-
- Facer una táboa coma esta (en obxectos podedes escribir o nome dos obxectos elexidos e debuxalos).
-
- E por último cubrir a táboa seguindo as indicacións que aparecen na mesma.
* Recordade que o último día para enviar as fotos é o póximo martes 2 de xuño de 2020
Moitos bicos!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »