LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS EN 4º E. INFANTIL CURSO 2019/2020 sticky icon

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS EN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019/2020

RECLAMACIÓNS:

De acordo coas garantías e límites da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, as persoas interesadas no procedemento de admisión poderán consultar as listaxes provisionais coa puntuación desagregada dos criterios de baremo na secretaría do centro.

As familias que así o consideren poderán formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar no caso de centros públicos, e ante a titularidade no caso de centros privados concertados.

(Ata o venres 3/5/2019, incluido)

 CURSO 2019/2020

SOLICITUDES DE ADMISIÓN ADMITIDAS:

1.- SOGO MARDENI, ANCEL ANDRÉS    4º E. PRIMARIA

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN EXCLUIDAS.- FÓRA DE PRAZO

1.    1.-FERNÁNDEZ NUESI, DYLAN                   1º E. PRIMARIA

2.    2.-CARDONA TEJEDA, HILLARY                  2º E. PRIMARIA

3.    3.-MOREIRAS FERNÁNDEZ, NEREA              4º E. INFANTIL

4.    4.-ACOSTA GONZÁLEZ, ELIZABETH            4º E. INFANTIL

 

25 de Abril de 2019

O director

 

Asdo. Xabier Vázquez García

 

Día do autismo sticky icon

O día 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. A asociación do autismo de España pretende visibilizar a realidade e as necesidades das persoas con transtorno autismo e facer unha sociedade máis inclusiva para o colectivo, promovendo ao mesmo tempo un acercamento ao autismo dende unha mirada diferente. Para iso, poñen en marcha unha campaña denominada: “I ∞ autismo. Una dinámica nueva para el autismo”
Dende o colexio Eloísa Rivadulla quixemos sumarnos a esta campaña, que consistía en reproducir o símbolo do infinito de maneira orixinal e creativa.



https://www.youtube.com/watch?v=0QBT7b01Lh8
https://diamundialautismo.com/
https://diamundialautismo.com/entender-el-autismo/


Entroido 2019 sticky icon

O tema do entroido deste ano, foi os oficios. Así, tivemos: pintores, policías, bombeiros, arqueólogos, deportistas, cociñeiros, médicos e mimos.
Ademais, como estamos nunha zona,onde hai un entroido propio e característico, parecíanos moi importante telo presente. Así, quixemos darlle un protagonismo especial, comezando cada desfile e terminando o acto, coas figuras dos volantes. Parécenos importantísimo, que este entroido, o Entroido Ribeirao, tan antergo e propio desta zona de Chantada, se conserve e pase de xeración en xeración, xa que non deixa de ser a nosa cultura, a nosa historia.
Para festexar, entón, o entroido leváronse a cabo varias actividades dentro do colexio. As actividades que realizamos son as seguintes:

•Durante a semana do entroido, fixemos as “Ordes do meco”. Esta actividade consistía en que cada día, tiñamos que traer unha cousa. Así, o luns, tiñamos que traer algo na cabeza; o martes, algo pintado na cara; o mércores, algo no pescozo; e o xoves, dous zapatos distintos.
•As mestras de inglés, xunto cos alumnos/as, fixeron un mural do entroido, onde puidemos ver en distintos idiomas os oficios, deste ano.
•Por último, o día 1 de marzo, houbo a celebración grande. Comezamos, cunha gran chocolatada, da que gozaron todos/as alumnos/as do centro. E despois houbo o desfile co baile final.

 


 

 

Charla sobre educación sexual sticky icon

Os días 21 e 27 de febreiro veu o centro escolar un médico-sexólogo (Otero-Piñán) para darlle unha charla aos alumnos/as de 6º curso.
Esta actividade estaba patrocinada pola Deputación de Lugo.
Nesta charla contáronlles e explicáronlles datos importantes sobre a próxima etapa que van comezar. Falaron:

-De que cada un é especial e non hai corpos mellores e peores, xa que os medios de comunicación e a sociedade véndennos un modelo de corpo ideal. Polo que, temos que aceptar o noso corpo e os cambios que se producen e non agobiarnos..
- Dos cambios que se producen fisicamente, mentalmente, socialmente e emocionalmente na adolescencia, e que cada un ten un ritmo de desenvolvemento diferente.
- Da importancia de comer e ter unha alimentación sana durante esta etapa.
- Do coñecemento dos aparatos reproductores masculino e femenino e as palabras propias, e non vulgares.
- Da importancia da hixiene persoal: mestruación e exaculación.
- Das distintas orientacións sexuais que hai e os abusos que se producen con respecto a este tema.
- Do embarazo e como se produce,...

Ademais, durante a charla os alumnos/as puideron preguntar todas as dúbidas e inquietudes que tiñan en relación a este tema.

DÍA DA PAZ sticky icon

O día 30 de xaneiro, no centro escolar celebramos o día da paz. Para iso, fixemos varias actividades, que traballamos previamente.
As actividades realizadas foron as seguintes:

  • Invención de frases positivas sobre distintos temas: o amor; alegrar os días; a educación; a cooperación e compartir; a superación de obstáculos na vida; as aprendizaxes para o futuro; e o perdón. Estas frases fixéronas nos tres idiomas (unhamaneira, de traballar o plurilingüismo no noso centro)
  • Búsqueda sobre o que é o día da paz. Así, cada curso buscou información sobre este tema e fixeron debuxos e símbolos relacionados: Por qué se celebra o día 30 de xaneiro, o día da paz?; Quen era Ghandhi?; Que son os premios nobel?, citar algún dos máis coñecidos; Que valores son importantes nunhapersoa e que están relacionados coa paz?,….
  • Contacontos: o día 29, algúns alumnos/as do instituto “Val do Asma”, viñeron o noso centro a contarlle os alumnos/as de infantil varios contos relacionados coa paz. Os contos son os seguintes: “Rirme contigo. Nunca de ti”, “A man dereita e a man esquerda”, “Beltzi e Blanc”, “Por qué chora o sauce, por qué” e “Mikeltxo”. O día 30, volveron vir ao colexio, para contarlles un conto os alumnos/as de toda primaria. O conto titulábase: “Unha luva vermella sobre o pastel”.

Queremos dar as grazas dende aquí, por compartir este día con nós, e por vir a contarnos contos educativos.

As mestras de inglés prepararon a canción de Imagine cos alumnos/as de 3º curso a 6º de Primaria e fixeron un mural sobre a paz.

O día 30 de xaneiro tamén tivo lugar un pequeno acto na aula de música, na que hubo a seguinte programación:

-    Conto interpretado polo alumnos/as de 4º de ESO do instituto “Val do Asma”
-    Interpretación da canción Imagine polos alumnos/as de 3º a 6º curso
-    Lectura por parte dos alumnos/as da investigación levada a cabo sobre o día da paz.
-    Interpretación por todo o colexio da canción de mamá cabra, “Mola cantidade”


https://www.youtube.com/watch?v=K4JormQGfUc
https://www.youtube.com/watch?v=7FX4D1jU2m8
https://www.youtube.com/watch?v=wqQVmiZj7Xk
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesvalasma/node/1382
https://p.facebook.com/story.php?story_fbid=2491892551037563&id=1729680337258792
https://p.facebook.com/story.php?story_fbid=2491227597770725&id=1729680337258792


Álbum: CURSO 2018-2019 -> Día da Paz

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar