You are hereEntroido 2019

Entroido 2019


By caloto - Posted on 19 Marzo 2019

O tema do entroido deste ano, foi os oficios. Así, tivemos: pintores, policías, bombeiros, arqueólogos, deportistas, cociñeiros, médicos e mimos.
Ademais, como estamos nunha zona,onde hai un entroido propio e característico, parecíanos moi importante telo presente. Así, quixemos darlle un protagonismo especial, comezando cada desfile e terminando o acto, coas figuras dos volantes. Parécenos importantísimo, que este entroido, o Entroido Ribeirao, tan antergo e propio desta zona de Chantada, se conserve e pase de xeración en xeración, xa que non deixa de ser a nosa cultura, a nosa historia.
Para festexar, entón, o entroido leváronse a cabo varias actividades dentro do colexio. As actividades que realizamos son as seguintes:

•Durante a semana do entroido, fixemos as “Ordes do meco”. Esta actividade consistía en que cada día, tiñamos que traer unha cousa. Así, o luns, tiñamos que traer algo na cabeza; o martes, algo pintado na cara; o mércores, algo no pescozo; e o xoves, dous zapatos distintos.
•As mestras de inglés, xunto cos alumnos/as, fixeron un mural do entroido, onde puidemos ver en distintos idiomas os oficios, deste ano.
•Por último, o día 1 de marzo, houbo a celebración grande. Comezamos, cunha gran chocolatada, da que gozaron todos/as alumnos/as do centro. E despois houbo o desfile co baile final.

 


 

 

Etiquetas

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar