You are hereCharla sobre educación sexual

Charla sobre educación sexual


By caloto - Posted on 18 Marzo 2019

Os días 21 e 27 de febreiro veu o centro escolar un médico-sexólogo (Otero-Piñán) para darlle unha charla aos alumnos/as de 6º curso.
Esta actividade estaba patrocinada pola Deputación de Lugo.
Nesta charla contáronlles e explicáronlles datos importantes sobre a próxima etapa que van comezar. Falaron:

-De que cada un é especial e non hai corpos mellores e peores, xa que os medios de comunicación e a sociedade véndennos un modelo de corpo ideal. Polo que, temos que aceptar o noso corpo e os cambios que se producen e non agobiarnos..
- Dos cambios que se producen fisicamente, mentalmente, socialmente e emocionalmente na adolescencia, e que cada un ten un ritmo de desenvolvemento diferente.
- Da importancia de comer e ter unha alimentación sana durante esta etapa.
- Do coñecemento dos aparatos reproductores masculino e femenino e as palabras propias, e non vulgares.
- Da importancia da hixiene persoal: mestruación e exaculación.
- Das distintas orientacións sexuais que hai e os abusos que se producen con respecto a este tema.
- Do embarazo e como se produce,...

Ademais, durante a charla os alumnos/as puideron preguntar todas as dúbidas e inquietudes que tiñan en relación a este tema.

Etiquetas

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar