You are hereBlogues
Blogues
25 N
"O tempo non fai milagros, a túa forza de vontade si"
Os nosos cativos de infantil tiveron unha maná moi especial, ca lectura do libro "Vivan las uñas de colores", tras o cal os que quixeron puideron pintar as uñas de cores!
Magosto
O OURIZO
Co seu ouro vello, mol,
o ourizo ouriceiro
toma o sol
no bico dun castiñeiro.
Tal un señor moi mandón:
no bico dun castiñeiro
o ourizón
toma o sol moi riseiro.
O ourizo está moi ledo
coa súa casa ben pechada
-ouh, que medo!-
de espiñas toda cercada.
Quer botar unha risada
e os seus dentes arregaña
case un nada:
e xa fuxiu a castaña...!
Manuel María (Os soños na gaiola)
O venres 11 de novembro, o noso alumnado disfrutou dunha mañá especial con xogos populares seguidos dunha merenda de bolos preñados e castañas.
Os xogos relizados foron O Tornado, Atrapa o Trono, Carreira de relevos de Soles, Tempestade e Marexada. O alumnado de 6º , coa axuda do mestre de educación física, exerceron de encargados. Fixérono estupendamente!
Saída de 4º á Biblioteca Municipal de Chantada
Desta vez foron os alumnos de 4º os que puideron saír a visitar a Biblioteca Municipal de Chantada, e coma sempre, alí foron cordialmente acollidos por María Luisa e María Teresa; gracias por acercarnos a este mundo tan maravilloso que é o dos libros!
E como non, dsifrutaron da lectura do conto "A figueira de Pelostortos".
Ata pronto!
Visita á biblioteca Municipal de Chantada de 3º
O xoves 27 de novembro o noso alumnado de 3º foi convidado a visitar a biblioteca Municipal de Chantada. Alí, coma sempre, foron recibidos con moito entusiasmo por María Luisa e Teresa, que lles ensinaron as instalacións, lles explicaron o funcionamento das mesmas e mesmo lles contaron o conto de "A figueira de Pelostortos". Tamén disfrutaron dun momento de lectura individual. Gracias pola vosa acollida, ata pronto!
Samaín
ADIVIÑA
Entre pócemas e brebaxes;
e algún que outro malefeicio
ser a mala dos contos
foi sempre o meu ofico.
Quen son?
Ves o erro nesta foto? A ver se o atopas, ánimo!
O noso cole encheuse de pantasmas, bruxas e curuxas, monstros e arañas....mirade, mirade!
As nosas aulas non foron para menos....mirade a de 1º !
Os nosos cativos de infantil difrutaron dunha sesión de contacontos levada a cabo na biblioteca polas propias mestras de infantil. Non faltaron sustos, suspense, emocións e sobre todo.....moitas risas!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »