You are hereBlogues
Blogues
Letras Galegas 2022
A derradeira semana estivo cargada de xogos e retos porque festexamos as Letras Galegas.
Sacra, a mascota da nosa biblioteca saíu ós corredores para propoñerlle varios retos ó alumnado de 1º a 4º: preguntas sobre o homenaxeado Florencio Delgado Guarriagán e un "Pasapalabra" sobre a súa vida e obra.
Os nenos/nenas de Infantil tamén foron retados e estiveron a correr na procura dunha pista que lles axudase a atopar algunha peza para completar o retrato do autor.
Os máis maiores sumerxíronse nun xogo de escapismo que precisaba do seu inxenio para ir descubrindo a vida e obra do autor. Con todo eso chegaron a atopar a estatua perdida do autor no pobo do Barco de Valdeorras!
Carlos Casares
Coincidindo co 30 aniversario da morte de Carlos Casares, recomendámosche dende a biblioteca algunhas das súas obras.
Boa lectura!
Semana da prensa e Día do Libro
A semana pasada celebramos no colexio a semana da prensa e o libro, tendo en conta que o 23 de Abril é o Día Internacional do Libro. Realizouse un xornal compilando as noticias recollidas do Camiño de Santiago, así como outro tipo de traballos. Para festexar o día do Libro, traballamos especialmente a Carlos Casares, lendo cada curso un libro diferente do autor e reproducindo as súas portadas.
Semana da prensa e do libro 2022
Amemos (Carlos Casares)
Amemos
o tempo que turra de nós e que nos leva.
Inda que o ceo está azul e non hai nubes e non chove,
sempre é cedo
pra o froito que agardamos e non chega.
Amemos á rosa porque é breve
e ao tempo porque fuxe e non se para,
inda que á veira das horas, nas esquiñas,
morran as verdades contra o vento
i a noite seña un recendo podrecido
das frores que chantamos pra salvarnos.
Amemos
as bocas que mancan ao bicalas,
aos pianos que medran e non tocan
e ás tardes fermosas que se acaban.
Amemos
inda que a espranza turre cara abaixo
a vencellarnos sempre contra nuncas
de campos sen aire e corazóns parados.
Xornada de bádminton
O noso alumnado de 6º de Primaria fixo unha saída ó Pavillón Municipal para ter unha xornada de bádminton. Puxeron en práctica o que aprenderon na segunda avaliación sobre este deporte. Moitas grazas a Diego, Conde e ó Concello de Chantada pola súa colaboración.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- …
- seguinte ›
- última »