You are hereArtigos / Educación Primaria / 4º Ed. Primaria / Artigos
Artigos
TRABALLO DE MÚSICA 4º - ÚLTIMO TRABALLO
OLA!!! BO DÍA!!!
DEIXOVOS O ÚLTIMO TRABALLO DE MÚSICA, PARA OS QUE O QUEIRAN FACER.
UNHA APERTA A TODXS!!!
E UN BO E MERECIDO VERÁN!!!
Tarefas para o alumnado de 4ºB semana 8 de xuño
Adxúntase arquivo coa relación de tarefas para o alumnado de 4º B a facer na plataforma virtual da editorial Vicens Vives para comezar na semana do 8 de xuño.
- As tarefas para esta semana inclúen actividades de Matemáticas, Lengua Castelá e Lingua Galega.
- Recordade ler sempre os contidos e facer despois as actividades, premendo despois ao botón "Comprobar" e visualizar os vídeos que vos recomendo. Hai actividades que son de debuxar, redactar... podedes facelas nun caderno ou papel e enviarmas ao correo "4beloisarivadulla@gmail.com" ben escaneadas ou en fotografía.
- Adxúntanse dúas fichas de repaso de Matemáticas: unha sobre as unidades de medida de masa e capacidade e outra sobre as medidas do tempo e o diñeiro.
- Adxúntase unha ficha de repaso de Lengua do tema desta semana.
- Destas tres fichas de repaso adxúntanse as solucións.
- Estarei dispoñible na plataforma Abalar e a través do correo electrónico que vos indiquei antes.
Unha aperta e ánimo nesta última semana de traballo!!
ACTIVIDADES 4ºA - 8 XUÑO
Bo día!
Unha semana máis, adxúntase arquivo coa relación de tarefas para o alumnado de 4º A.
Na área de Ciencias Sociais, veredes que se adxuntan varios mapas mudos para resolver (Mapa das Comunidades Autónomas de España, mapa das provincias de España e mapa das provincias de Galicia), así como os mesmos mapas xa completos para que poidades comprobar as vosas respostas.
Moito ánimo! Xa queda nadiña...
Tarefas para o alumnado de 4ºB semana 1 de xuño
Adxúntase arquivo coa relación de tarefas para o alumnado de 4º B a facer na plataforma virtual da editorial Vicens Vives para comezar na semana do 1 de xuño.
- As tarefas para esta semana inclúen actividades de Matemáticas, Lengua Castelá, Lingua Galega e Ciencias Sociais.
- Recordade ler sempre os contidos e facer despois as actividades, premendo despois ao botón "Comprobar". Hai actividades que son de debuxar, redactar... podedes facelas nun caderno ou papel e enviarmas ao correo "4beloisarivadulla@gmail.com" ben escaneadas ou en fotografía.
- Adxúntase unha ficha de repaso de Matemáticas de números decimais; así como a súa solución.
- Adxúntase unha ficha de repaso de Lengua do tema desta semana; así como a súa solución.
- Adxúntanse varios mapas con nomes e máis mudos para que o alumnado resolva na área de Ciencias Sociais (Mapa das Comunidades Autónomas de España, mapa das provincias de España e mapa das provincias de Galicia). Só hai que resolver os tres mapas mudos.
- Adxúntase debuxo da bandeira e máis o escudo de Galicia para colorear e resolver (explícase a actividade na área de Ciencias Sociais).
- Estarei dispoñible na plataforma Abalar e a través do correo electrónico que vos indiquei antes.
Moito ánimo nestas últimas semanas de curso!
María Rey.