You are hereArtigos / Educación Primaria / 4º Ed. Primaria / Artigos

Artigos


Mínimos esixibles para cuarto de primaria sticky icon

Deixámosvos os estándares de aprendizaxe mínimos esixibles para superar cuarto de primaria en relación ás materias de Matemáticas, Lengua Castelá, Lingua Galega, Ciencias Naturais e Ciencias Sociais, que son os que decidimos as titoras de dito nivel a principio de curso e que se reflicten na programación didáctica do noso curso.

Actividades de repaso 4ºB fin de semana 25 e 26 abril sticky icon

Asxúntanse arquivos con fichas de repaso para este fin de semana do 25 e 26 de abril.

- Matemáticas: dúas fichas de repaso de divisións.

- Comprensión lectora.

Engádense ademais as solucións a estas actividades para que se poidan autocorrixir.

Volveremos a encontrarnos... sticky icon

Un desexo para todos, en especial para 4ºB da miña parte!

Tarefas para o alumnado de 4ºB semana 20 de abril sticky icon

Adxúntase arquivo coa relación de tarefas para o alumnado de 4º B a facer na plataforma virtual da editorial Vicens Vives para comezar na semana do 20 de abril.

- As tarefas para esta semana inclúen actividades de Matemáticas, Lengua Castelá, Lingua Galega e Ciencias Sociais.

- Recordade ler sempre os contidos e facer despois as actividades, premendo despois ao botón "Comprobar". Hai actividades que son de debuxar, redactar, facer ángulos... podedes facelas nun caderno ou papel e enviarmas ao correo "4beloisarivadulla@gmail.com" ben escaneadas ou en fotografía.

- Avanzade pouco a pouco fixándovos ben nos contidos, visualizade os vídeos que vos recomendo, buscade na Internet...

- Estarei dispoñible na plataforma Abalar e a través do correo electrónico que vos indiquei antes.

María Rey.

 

 

Solucións actividades de repaso 4º (semana 14 de abril) sticky icon

Adxúntanse arquivos coas solucións das actividades de repaso propostas para a semana do 14 de abril:

- 1 arquivo coas solucións das actividades de repaso de matemáticas.

- 1 arquivo coas solucións das fichas de comprensión lectora.

Adxúntanse ademais unhas actividades de repaso de matemáticas (comparación de números, problemas e divisións) para facer durante a fin de semana se tedes tempo. As solucións destas actividades están incluidas no arquivo anterior.

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar