You are hereArtigos / Educación Infantil / Psicomotricidade / Artigos
Artigos
Xogos ( 3 ) (interior e exterior) (20-5-2020)
Boa tarde!
Xa sei que agora que podedes saír á rúa precisades menos propostas de actividades para moverse e facer exercicio...
...pero quero seguir enviándovos ideas para cando se vos agoten as posibilidades.
Podedes practicar tanto dentro da casa como no exterior:
1.- Escondite: Ao mellor os vosos fillos/as xa xogan…ou, se cadra os máis peques aínda non o descubriron.
Probade a xogar con eles...a esconderse dentro da casa, no xardín, no parque ou na rúa...! Verdes cómo se divierten buscándovos…
2.- Saltar á corda:Este xogo tradicional mistura exercicio físico e diversión! É unha excelente maneira de fomentar a motricidade infantil. ( E recordade que hai moitas cancións para acompañar este exercicio )Animádevos a saltar xunto ós vosos peques?
3.- A zoadeira: Un cordón e un botón son dabondo para este xogo. Pasaremos o cordón polos furadiños do botón e ataremos os dous extremos. Collémolos cos dedos por senllos extremos e dámoslle unhas voltas; se o botón xira e zoa sen parar é que o fixemos ben!
4.- A pita cega: Recordades cómo se xoga...tapádelle os ollos do peque cun pano e dádelle voltas cantando «Pitiña cega que se che perdeu...unha agulla e un dedal...pois da unha voltiña e o atoparás»....será capaz o peque de encontrarvos sen poder vervos?...as risas están aseguradas...!
Espero que o pasedes moi ben traballando co voso corpiño...jejeje.
Grazas por seguir prestándonos a vosa atención.
Bicos de spray...!
Fotos para Psico (III) (20-5-2020)
Boa tarde, amigos e amigas.
Quero seguir compartindo con todxs algunhas achegas de compañeirxs que, aínda que non pedín fotos de Psicomotricidade, mas fan chegar ó noso correo de Infantil...
E, estou tan contenta de ter novas vosas que quero subilas á web do cole.
Aquí tedes fotos de Cristian e arquivos adxuntos de Carmen ( 6ºEI ) e Zhoe...
Grazas por seguir axudarnos a facer máis levadeira esta situación e facernos ver que o noso traballo sí ten sentido para todxs vós.
Bicos de spray...!
Música para psicomotricidade (12) (15-5-2020)
Boa tarde chicas, chicos e familias!.
Aquí vos deixo outra das cancións que escoitamos para traballar en psicomotricidade...agora toca saber quén recorda o que facemos, ehh, quén ten boa memoria...
Espero que unha vez máis o pasedes moi ben coa familia practicándoa...e non vos olvidedes de ensinarlles o que hai que facer mentres a escoitades, eh!!
Neste caso trátase de "Congelado"
Bicos de spray..!
Propostas psicomotricidade ( 8-5-2020 )
Boa tarde, amigas e amigos.
Aqui seguimos enviando propostas para intentar colaborar con vós nesta etapa tan complicada que nos tocou vivir.
Espero que vos sexa todo de axuda, esa é a nosa intención: darvos ideas e que que sintades que vos acompañamos dentro das nosas posibilidades.
No arquivo adxunto tedes algunhas propostas.
Moitas grazas pola vosa atención.
Saúdos e bicos dende Infantil.
Música para psicomotricidade (11) (7-5-2020)
Boa tarde, chicas, chicos e familias.
Antes de nada pedirvos disculpas porque levo demasiados días sin publicar nada de Psico...espero que non vos dera por estar deitados no sofá...jeje...sí, que xa sei que podedes saír un chisquiño á rúa a pasear...aproveitade mentres teñamos bo tempo.
Para cando chova e non podades saír moito fóra, aquí vos deixo unha canción para moveros pola casiña...
"Rí, salta. Rí, corre" (Pakolas)
E recordade facer a coreografía, ehhh...!!!..pero, ante todo, pasádeo moi ben.
Bicos.