You are hereXogos ( 3 ) (interior e exterior) (20-5-2020)
Xogos ( 3 ) (interior e exterior) (20-5-2020)
Boa tarde!
Xa sei que agora que podedes saír á rúa precisades menos propostas de actividades para moverse e facer exercicio...
...pero quero seguir enviándovos ideas para cando se vos agoten as posibilidades.
Podedes practicar tanto dentro da casa como no exterior:
1.- Escondite: Ao mellor os vosos fillos/as xa xogan…ou, se cadra os máis peques aínda non o descubriron.
Probade a xogar con eles...a esconderse dentro da casa, no xardín, no parque ou na rúa...! Verdes cómo se divierten buscándovos…
2.- Saltar á corda:Este xogo tradicional mistura exercicio físico e diversión! É unha excelente maneira de fomentar a motricidade infantil. ( E recordade que hai moitas cancións para acompañar este exercicio )Animádevos a saltar xunto ós vosos peques?
3.- A zoadeira: Un cordón e un botón son dabondo para este xogo. Pasaremos o cordón polos furadiños do botón e ataremos os dous extremos. Collémolos cos dedos por senllos extremos e dámoslle unhas voltas; se o botón xira e zoa sen parar é que o fixemos ben!
4.- A pita cega: Recordades cómo se xoga...tapádelle os ollos do peque cun pano e dádelle voltas cantando «Pitiña cega que se che perdeu...unha agulla e un dedal...pois da unha voltiña e o atoparás»....será capaz o peque de encontrarvos sen poder vervos?...as risas están aseguradas...!
Espero que o pasedes moi ben traballando co voso corpiño...jejeje.
Grazas por seguir prestándonos a vosa atención.
Bicos de spray...!