You are hereArtigos / Educación Infantil / Psicomotricidade / Artigos
Artigos
Rematou o curso...
Si, amigxs, si, xa chegou ó final deste curso tan atípico...
Non puidemos gozar del todo o que quixeramos pero dende a vosa casiña estou segura que algunha das actividades de Psicomotricidade vos axudou a mover o voso corpiño.
Xa sabedes que podedes volver a practicar todos os exercicios, xogos e cancións cando queirades.
Recordades que cando chegou o outono, o inverno e a primavera viamos os contos-cancións de cada estacións?...pois pensade qué estación nos falta?...
Si, adiviñastes: O VERÁN...!
Moitísimos bicos de spray para todos e todas...!
Música para psicomotricidade
Bo día amigxs!
Xa queda moi pouquiño para rematar este curso e queda algunha canción das que empregabamos facendo Psico na aula de música, recordades...?
Aquí vos deixo en arquivos adxuntos:
" El rap de los deportes".
" Ahí viene mamá pato".
" Os sentidiños".
Espero que escoitedes moitas, moitas veces as nosas cancións...! e sobre todo que non deixedes de mover o voso corpiño...!!!
Bicos mil de spray...!
Música e actividades para psicomotricidade (15) (5-6-2020)
Boa tarde, familias e nenxs.
Aquí vos deixo, no arquivo adxunto, outra das cancións que empregabamos para facer Psicomotricidade: "El baile del sapito·.
Espero que os peques recorden a coreo coa que traballabamos e vola ensinen na casa e podades pasar un tempiño divertido en familia.
Noutro arquivo deixo unha propostas de xogos coa nosa amiga a eiruga para divertirvos no exterior, agora que xa temos máis tempo para estar fóra.
Unha aperta e a seguir coidándose moito.
Música para psicomotricidade (14) (29-5-2020)
Boa tarde chicas, chicos e familias...!
Hoxe deixamos un xogo de mans, unha canción e varias propostas de exercicio relacionada co tema que estamos estos días a traballar.
"Juegos manos - Mariposas"
"El baile de la oruga" (arquivo adxunto).
Varias propostas exercicio (arquivo adxunto )
Espero que vos guste e practiquedes moito.
Grazas por participar e moitos bicos de spray...!!
Música para psicomotricidade (13) (26-5-2020)
Boa tarde, como andan os ximnastas de Infantil do noso cole...?
Esperando que todo vos vaia estupendo aquí vos deixo outra das cancións que empregamos en Psicomotricidade.
Movede moito os vosos corpiños e pasádeo moi, moi ben practicando coas vosas familias.
No arquivo adxunto tedes a canción: "El twist del cuerpo".
Moitos bicos de spray.