Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
27
Start: 27/05/2024 22:56
Podedes ver a continuación o programa de Radio Cabanas especial Letras Galegas. Que o disfrutedes! | 28
| 29
| 30
Start: 30/05/2024 13:31
O vindeiro 3 de xuño ábrese o periodo de solicitudes de prazas para participar nos campamentos de verán do Concello de Cabanas que, como anos anteriores, oferta 2 alternativas: o campamento urbano Cabanas Concilia e o campamento deportivo. Ambas modalidades celebraranse durante os meses de xullo e agosto no apeadoiro do Areal e no entorno do CEIP Eladia Mariño. O campamento urbano Cabanas Concilia está destinado a nenas e nenos en idade escolar nados desde o ano 2012 a 2020. Levaranse a cabo actividades para promover a expresión artística, ass relacións entre iguais e os hábitos saudables mediante o técncias de autocoñecemento e o xogo. Todas as actividades terán un enfoque socioeducativo, con perspectiva de xénero e serán promotoras do bo trato. Esta actuación está financiada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Igualdad.No campamento deportivo, orientado a nenas e nenos a partir de 7 anos, desenvolveranse actividades para iniciarse na práctica deportiva de forma lúdica e promocionar un estilo de vida saudábel, incluíndo xogos acuáticos, baloncesto, bádminton, voleibol, hóckey, béisbol, fútbol ou balonmán. As inscricións a estes campamentos poderán ser quincenais ou de carácter mensual, cuns prezos de 40 e 65 euros, respectivamente. Poderá solicitarse máis dunha quenda, indicando cal é a de preferencia. En principio, só se adxudicará unha quenda e no caso de que haxa interese por unha segunda quenda, poderá adxudicarse tamén no caso de que haxa dispoñibilidade de praza. A solicitude de praza farase no Rexistro Municipal, presencial ou telematicamente, cos seguintes prazos:
Terán preferencia as unidades familiares empadroadas no Concello de Cabanas. En segundo lugar, tamén terán preferencia as unidades familiares con nenas e nenos escolarizadas no CEIP Eladia Mariño. No caso de que a demanda de prazas supere á oferta, contando co anterior, terán preferencia as unidades familiares cuxas persoas proxenitoras xustifiquen debidamente a necesidade de conciliar no horario dos campamentos, e dentro deste grupo, as unidades familiares con menos ingresos económicos.
Para solicitar praza deberase achegar a seguinte documentación:
Publicarase a lista de solicitudes admitidas e excluídas no taboleiro de anuncios do concello e na web municipal, concedendo un prazo de 10 días para a presentación de reclamacións. As persoas que desexen máis información poden dirixirse ao 981 495 959, na extensión 6 ou 2 para o campamento urbano Cabanas Concilia, e na extensión 3 para o campamento deportivo.
| 31
| 1
| 2
|