Circulares

REXISTRO DE COMEDOR CURSO 2024/2025

Está aberto o prazo para solicitar praza no comedor escolar para o curso 2024/2025. Poderase entregar o rexistro de solicitude dende hoxe ata o 12 xullo, na secretaría do centro ou polo correo electrónico (ceip.eladia.marino@edu.xunta.gal).

De igual modo, está aberto o prazo para anotarse a ser colaborador/a no noso centro escolar. Ofértanse 10 prazas para familias, ex-colaboradoras, ou persoal externo ao centro. Teñen prioridade as familias, logo as ex-colaboradoras e por último as persoas externas ao noso cole. O prazo está aberto dende hoxe ata o 12 de xullo.

Deixamos a continuación, os rexistros do alumnado e das/os colaboradoras/es.

 

          

 

 

REDE ECOCOMEDORES

Dende cursos anteriores, o comedor do noso centro forma parte da Rede de Ecocomedores. Ao longo do curso, este programa axúdanos a elaborar os menús o mais equilibrados posibles e acércanos aos proveedores locais con productos ecolóxicos e de tempada.

Este curso, ademais, contamos cunha guía para as familias que vos deixamos a continuación:

 

Por outra banda, deixamos unha proposta de ceas que complementan o menú que facemos no centro.

 

 

Esperamos que toda esta información vos sexa moi útil e vos axude no día a día. Entre todos podemos facer que a nosa alimentación sexa o mais equilibrada e sana posible.

Moitas grazas a Nutricoles e Seitura22 por toda esta información e traballo, o comedor do Eladia Mariño está a aprender moito de vós. 

Deixamos os PDF con toda a información relacionada:

- Tríptico Ecocomedores.

- Guía para casa.

- Menú Rede Ecocomedores novembro-decembro.

- Dossier familias nov23-abril24 Ecocomedores.

 

 

REXISTRO DE USUARIOS E COLABORADORAS/ES DE COMEDOR 23/24

Xa están dispoñibles os rexistros de usuarios do comedor escolar para o curso próximo. Así como o rexistro de aquelas persoas que queiran colaborar no noso comedor, animádevos!

Todas as persoas que queiran facer uso do comedor escolar, deberán cubrir o formulario de rexistro e entregalo, ou na secretaría do centro, ou polo correo electrónico ceip.eladia.marino@edu.xunta.gal 

O prazo de solicitude irá dende hoxe, 4 ao 14 de xullo. De forma excepcional, está aberto o prazo do 1 ao 8 de setembro. Recordade que o horario de secretaría no mes de xullo é de 10:00 a 13:00.

Deixamos a continuación os documentos de rexistro.

         

PROXECTO ECOCOMEDORES

Bo día familias:

Achegamos información do Proxecto Ecocomedores.

Os días 14 e 15 de este mes, degustaremos os productos de proximidade e ecolóxicos, no servizo de comedor do centro.

Un saúdo.

 

Distribuir contido