FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

A Xunta de Galicia abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2022/23.

PRAZO

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto  ata o próximo día 22 de xuño, tal como establece a convocatoria que pode consultarse no Diario Oficial de Galicia.

 

AXUDAS Á COMPRA

As axudas para a compra de libros están dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, e ao alumnado matriculado en Educación Especial e ao alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

Así, no caso do alumnado dos dous primeiros cursos de Primaria recibirán:

·        

 210 euros no caso de renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros.

·        

140 euros para as rendas de entre 6.000 e 10.000 euros.

No caso do alumnado matriculado en Educación Especial, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos recibirá un importe de 275 euros, con independencia da renda per cápita familiar.

**Ademais, o alumnado de 1º e 2 de Primaria que se encontre en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia recibirá a axuda máxima (210 euros), e non terá que acreditar os datos da unidade familiar nin o nivel de renda.

FONDO SOLIDARIO

No Fondo Solidario de libros pode participar o alumnado matriculado en 3º, 4º de primaria.

( 5º e 6º non entra no programa de libros de texto xa que o centro está no proxecto EDIXGAL, polo que se entrega a cada alumno/a un ordenador que inclue os libros dixitais).

A asignación de libros de texto farase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.

En calquera caso, terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.

Así, o alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros, ou que estea en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (nestes dous últimos casos con independencia da renda) ten garantido o acceso a seis libros.

 Pola súa banda, as familias con tramos de renda per cápita entre 6.000 e 10.000 euros terán acceso a catro libros.

Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao FONDO SOLIDARIO ou recibir as axudas para libros ou material escolar TER DEVOLTO OS LIBROS DOS CURSOS ANTERIORES (comunicarase ás familias as datas de entrega DOS LIBROS PRESTADOS O CURSO 2021/2022)

 

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado matriculado en Educación Primaria e en ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros, e a contía da axuda é de 50 euros/alumno.

O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

 

TRÁMITES POR VÍA TELEMÁTICA

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

Pódese presentar as solicitudes presencialmente no centro nos seguintes horarios:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

9:10h- 11:30h

12:30h- 13:30h

16:00h-18:00h

9:10h- 11:30h

12:30h- 13:30h

 

9:10h- 11:30h

12:30h- 13:30h

 

9:10h- 11:30h

12:30h- 13:30h

 

9:10h- 11:30h

12:30h- 13:30h

 

 

Consultas telefónicas: 881880609

 

ENLACE Á SEDE ELECTRÓNICA

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

 

Pódense descargar as solicitudes nos seguintes enlaces:

ANEXO I (SOLICITUDE)

ANEXO II (COMPROBACIÓN DE DATOS DE MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR)

 

MENÚ COMEDOR ESCOLAR MAIO 2022

LISTAS PROVISIONAIS ADMITIDOS E ADMITIDAS CURSO 2022/2023

En cumprimento da seguinte normativa:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B)

 INFÓRMASE QUE SE PODEN CONSULTAR NO TABOLEIRO DO CENTRO as LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E ADMITIDAS PARA O VINDEIRO CURSO 2022/23.

Tal e como recolle a   ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación  poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o Consello Escolar.

ADMISIÓN ALUMNADO. AMPLIACIÓN PRAZO SOLICITUDES SEDE ELECTRÓNICA

Por motivos técnicos, a sede electrónica da Xunta de Galicia vén de ampliar 24 horas a presentación de solicitudes para o procedemento "ED550B - Admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos". Esta ampliación de prazo atinxe en exclusiva ás solicitudes presentadas por esta vía estando o prazo finalizado para a presentación por calquera outro medio.

MENÚ MARZO

ADMISIÓN ALUMNADO curso 2022/23

 

 

Desde o  martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión  para o vindeiro curso 2022/23, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria,  que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria.

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar o  mércores 23 de febreiro na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “V” e “U” para o primeiro apelido e “A” e “Z” para o segundo.

 

SOLICITUDES

 

 Formulario ED550B

PRAZO E LUGARES DE PRESENTACIÓN

Do 1 ao 21 de marzo, ambos incluídos. A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, no centro escollido en primeiro lugar

 A solicitude poderá entregarse en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, empregando o formulario normalizado e na administración do centro.

MENÚ COMEDOR FEBREIRO 2022

NOVO PROTOCOLO COVID 19

 

As Consellería de Educación e Sanidade veñen de elaborar un novo protocolo para as escolas fronte á Covid19, así como o protocolo para a detección de infección con test rápidpo en saliva.  Achéganse nos seguintes enlaces:

PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN DE INFECCIÓN POLO SARS-CoV-2 CON TEST RÁPIDO DE ANTÍXENO EN SALIVA EN CENTROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA 

 

NOVIDADE IMPORTANTE:

Todos/as os/as nenos/as que obteñan un resultado positivo na proba de antíxenos de autodiagnóstico serán consideradas directamente como caso confirmado de infección activa polo SARS-CoV-2.

Polo tanto, estes/as nenos/as deberán seguir as medidas de illamento dispoñibles na páxina web do coronavirus.

En todo caso, o caso confirmado sempre deberá seguir as indicacións dos profesionais sanitarios que se encarguen do seu seguimento clínico.

Co fin de realizar o seguimento e estudo do caso confirmado, a persoa responsable do/a neno/a deberá notificar o positivo a Saúde Pública a través do formulario de declaración responsable de autotest positivo dispoñible na páxina web do coronavirus (ligazón) ou chamar ao 881 540 045.

En ningún caso notificaranse resultados negativos.

Como indica o protocolo de educación, calquera persoa cun resultado positivo deberá informar ao centro educativo desta circunstancia.

Unha vez máis,agradecemos a comprensión e  lembramos a toda a comunidade educativa a importancia das medidas de prevención no centro educativo.

 

RESERVA DE PRAZA, CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO A QUE SE ESTEA ADSCRITO

 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade abre mañá martes 11  o prazo de reserva de praza para o alumnado que remata etapa nun centro escolar e ten que pedila nun centro adscrito (o que lle corresponde ao cambiar de etapa). Para o noso alumnado o centro adscrito é o IES Rego de Trabe, aínda que a solicitude deberá  entregala na administración do CEIP Isaac Díaz Pardo. 

 

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro de orixe:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

     

  2. Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

    Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

     

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro
    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

 

 
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.