FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

A Xunta de Galicia abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2022/23.

PRAZO

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto  ata o próximo día 22 de xuño, tal como establece a convocatoria que pode consultarse no Diario Oficial de Galicia.

 

AXUDAS Á COMPRA

As axudas para a compra de libros están dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, e ao alumnado matriculado en Educación Especial e ao alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

Así, no caso do alumnado dos dous primeiros cursos de Primaria recibirán:

·        

 210 euros no caso de renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros.

·        

140 euros para as rendas de entre 6.000 e 10.000 euros.

No caso do alumnado matriculado en Educación Especial, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos recibirá un importe de 275 euros, con independencia da renda per cápita familiar.

**Ademais, o alumnado de 1º e 2 de Primaria que se encontre en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia recibirá a axuda máxima (210 euros), e non terá que acreditar os datos da unidade familiar nin o nivel de renda.

FONDO SOLIDARIO

No Fondo Solidario de libros pode participar o alumnado matriculado en 3º, 4º de primaria.

( 5º e 6º non entra no programa de libros de texto xa que o centro está no proxecto EDIXGAL, polo que se entrega a cada alumno/a un ordenador que inclue os libros dixitais).

A asignación de libros de texto farase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.

En calquera caso, terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.

Así, o alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros, ou que estea en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (nestes dous últimos casos con independencia da renda) ten garantido o acceso a seis libros.

 Pola súa banda, as familias con tramos de renda per cápita entre 6.000 e 10.000 euros terán acceso a catro libros.

Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao FONDO SOLIDARIO ou recibir as axudas para libros ou material escolar TER DEVOLTO OS LIBROS DOS CURSOS ANTERIORES (comunicarase ás familias as datas de entrega DOS LIBROS PRESTADOS O CURSO 2021/2022)

 

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado matriculado en Educación Primaria e en ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros, e a contía da axuda é de 50 euros/alumno.

O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

 

TRÁMITES POR VÍA TELEMÁTICA

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

Pódese presentar as solicitudes presencialmente no centro nos seguintes horarios:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

9:10h- 11:30h

12:30h- 13:30h

16:00h-18:00h

9:10h- 11:30h

12:30h- 13:30h

 

9:10h- 11:30h

12:30h- 13:30h

 

9:10h- 11:30h

12:30h- 13:30h

 

9:10h- 11:30h

12:30h- 13:30h

 

 

Consultas telefónicas: 881880609

 

ENLACE Á SEDE ELECTRÓNICA

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

 

Pódense descargar as solicitudes nos seguintes enlaces:

ANEXO I (SOLICITUDE)

ANEXO II (COMPROBACIÓN DE DATOS DE MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR)