AXENDAS ESCOLARES
AXENDA ESCOLAR
En cumprimento do protocolo do COVID19, INFÓRMASE que o procedemento para mercar as AXENDAS do colexio, non será na administración, senón a través dos titores e titoras. Debe facerse a través do alumnado. O prezo, ao igual que o curso anterior, é 3€.
ADMISIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021/2022
INFÓRMASE que TODO o alumnado que solicitou o COMEDOR ESCOLAR en prazo ESTÁ ADMITIDO. As solicitudes entregadas fóra de prazo serán resoltas no mes de setembro.
RECÓRDASE que no mes de setembro (ANTES DO DÍA 7) deberase xuntar a autodeclaración.
COMEDOR ESCOLAR CURSO 21/22
INSTRUCIÓN 3/2021, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN INDIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2021-2022
BOLETÍN INFORMATIVO PARA A SOLICITUDE DE SERVIZO DE COMEDOR CURSO 21/22
As solicitudes débense entregar na ADMINISTRACIÓN ata o MÉRCORES 21 de XULLO.
SOLICITUDE alumnado NOVO INGRESO (debe tela cumprimentada coa solicitude de praza)
SOLICITUDE alumnado MATRICULADO NO CENTRO EN ANOS ANTERIORES
AUTODECLARACIÓN (No mes de setembro (ANTES DO DÍA 7) xuntará a autodeclaración.)
LIBROS DE TEXTO CURSO 2021.2022
listas por cursos de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2021/2022.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
No Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2021 sae a Orde do 6 de maio de 2021 no que se convoca o Fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2021-22. Só é para alumnado que curse Educación Primaria no curso 2021-22. O prazo de entrega de solicitudes vai do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021.
- As solicitude presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario (anexos I e II) dispoñible na aplicación informática fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros ) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal ). Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave 365 (https://sede.xunta.chave365) .
Pode descargarse a documentación nos seguintes enlaces:
Se a entrega da documentación é presencial é imprescindible solicitar CITA PREVIA no teléfono 881880609
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »