PROTOCOLOS COVID19
- PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021
- PROTOCOLO DE PREVENCIÓN DA TRANSMISIÓN DA COVID-19 NOS COMEDORES DOS CENTROS EDUCATIVOS
- PROTOCOLO DE PREVENCIÓN DA TRANSMISIÓN DA COVID-19 NO ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAS PARA O ÁMBITO EDUCATIVO
- GUÍA “VOLTA SEGURA ÁS AULAS”
- AUTOAVALIACIÓN COVID-19
- DECLARACIÓN RESPONSABLE FAMILIAS
AXENDAS ESCOLARES
AXENDA ESCOLAR
En cumprimento do protocolo do COVID19, INFÓRMASE que o procedemento para mercar as AXENDAS do colexio, non será na administración, senón a través dos titores e titoras. Debe facerse a través do alumnado. O prezo, ao igual que o curso anterior, é 3€.
COMEDOR ESCOLAR
En cumprimento das INSTRUCIÓNS POLAS QUE SE INCORPORAN A DECLARACIÓN DE ACTUACIÓNS COORDINADAS EN MATERIA DE SAÚDE PÚBLICA APROBADAS POLO CONSEJO INTERTERRITORIAL DO SISTEMA NACIONAL DE SALUD PÚBLICA (D.O.G Nº 174 BIS DO 28-08-2020) E A ACTUALIZACIÓN DAS RECOMENDACIÓNS SANITARIAS DO COMITÉ CLÍNICO AO PROTOCOLO DO 22 DE XULLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021 VERSION 31-08-2020 e do DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación INFÓRMASE que no vindeiro curso escolar haberá tres quendas de comedor, polo que o alumnado de Educación Infantil xantará ás 13:30h, debendo ser recollido ás 15:30h na cancela a carón do pavillón.
O resto do alumnado sairá no horario habitual das 16:00h.
LÉMBRASE que o prazo de entrega de autodeclaracións remata o día 7 deste mes de setembro.
Recórdase que o alumnado de dieta especial deberá presentar CERTIFICADO MÉDICO.
BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO ESCOLAR 2020/2021
Benvidos e benvidas ao novo curso escolar tan atípico.
Sabemos que estades a desexar ter información de como vai a ser o comezo e a volta ás aulas dos vosos fillos e fillas.
Aínda estamos a traballar na adaptación do protocolo COVID-19, o cal é modificado case diariamente.
En canto teñamos claro o proceder e as normas dentro do noso centro será publicado tanto na páxina web, comunicado pola aplicación Abalar e trasladado a ANPA.
Esperamos poñelo no voso coñecemento ao inicio da semana próxima.
Do que si podemos informar é que o comezo das clases será coa incorporación gradual do alumnado, tal e como publicou a consellería de Educación o luns 31 de agosto de 2020:
- O xoves 10 comezarán as clases o alumnado de 4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Infantil (4 anos); 1º, 2º e 3º de Educación Primaria e o alumnado de Educación Especial.
- O venres 11 comezarán as clases o alumnado de de 6º de Educación Infantil e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
- O HORARIO DO CENTRO É O HABITUAL.
A entrada estes dous días cumprirá o seguinte:
1. UN ÚNICO ACOMPAÑANTE POR ALUMNO/A E SEMPRE CON MASCARILLA.
2. ACCEDERASE AO RECINTO POLA CANCELA PRINCIPAL E SAIRASE POLA CANCELA QUE SE ATOPA PR´XIMA AO PAVILLÓN.
3. O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL FARÁ FILA NOS LUGARES SINALADOS NO PATIO CUBERTO DA ZONA DE XOGO DE INFANTIL. (será recollido nesE lugar polas titoras).
4. 3. O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA FARÁ FILA MANTENDO A DISTANCIA DE SEGURIDADE NO PATIO CUBERTO . (será recollido nesE lugar polas titoras e titores).
ÁS 9:00H, UNHA VEZ QUE O ALUMNADO FAGA AS FILAS, O FAMILIAR DEBE RETIRASE E HABERÁ UNHA PEQUENA CHARLA NO APARCADOIRO.
Disculpade as molestias e moitas grazas pola vosa comprensión.
MATERIAL ESCOLAR EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2020/2021
MATRÍCULA CURSO 2020/2021
En cumprimento da normativa que regula o proceso de admisión e matrícula:
-
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- RESOLUCIÓN DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL DO 7 DE MAIO DE 2020 SOBRE O RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DO 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA, EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E BACHARELATO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2020/2021
INFÓRMASE QUE O PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA ABRANGUE DENDE O 1 ATA O 10 DE XULLO.
Pódese recoller a documentación na administración do centro ou descargar clicando nos seguintes enlaces:
1. Documentación necesaria para a formalización da matrícula.
2. Anexo III. Documento formalización matrícula.
3. Información ALERXIAS E OUTRAS PATOLOXÍAS.
5. Cuestionario LINGUA MATERNA.
6. Materias optativas ( Relix/valores).
O horario da administración é de luns a venres de 9:00h a 14:00h
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »