Estimadas familias:
Esperamos que vos atopedes ben ou o mellor posible despois dun mes de confinamento nas vosas vivendas. Sabemos que está a ser duro para a maioría, pero tamén estamos a comprobar por moitas das vosas mensaxes e contribucións que o estades a superar con ilusión, creatividade e moita, moita forza de vontade.
Comezamos o terceiro trimestre e vos informamos dalgunha nova e medida:
1. Como será a 3ª avaliación? Estamos á espera de instrucións a partir de hoxe.
2. Cando volveremos ao colexio? Non temos ningunha información oficial sobre este asunto, nin datas, nin como se levará a cabo.
3. Como nos estamos a comunicar coas familias? A través dos correos electrónicos do profesorado ubicados nas actividades telemáticas, no apartado TIC (enlace que tedes á dereita nesta páxina) Ademais, de ter algunha dúbida ou cuestión que non sexa de titoría podedes comunicarvos a través do correo do centro (ceip.teixeiro@edu.xunta.gal) ou no teléfono en días lectivos en horario de 10:00-13:00 881880644.
Moito ánimo en nome de todo o claustro e demais persoal do centro.