(FAI CLIC PARA VISUALIZAR)
TODA A INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XA DISPOÑÍBEL NA WEB DO CENTRO
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso 2021/2022, informamos que:
- Todas as solicitudes para Infantil de 3 anos (4º Infantil) están admitidas.
- A solicitude para 4º de Educación Primaria foi denegada, por falta de prazas libres, debido á ratio autorizada neste nivel.
A listaxe do alumnado admitido e non admitido poderase consultar no taboeiro de anuncios do interior do centro.
Lembramos que o prazo de formalización de matrícula será do 20 ó 30 de xuño, con cita previa pedindoa por teléfono con anterioridade. Podedes descargar os impresos da páxina web ou pedilos na secretaría de Centro.