Aquí compartimos a nosa VI Carreira pola Infancia. Unha vez máis aportamos a nosa ilusión e xunto co esforzo do alumnado, mestres, mestras e familias fixemos que este día fose especial.
Unha vez rematado o curso 22/23 elaboráronse as memorias das activadades levadas a cabo no centro. Nesta publicación podedes consultar cada unha delas e ver todas as actividades realizadas.
Aquí vos presentamos a nosa festiña de fin de curso. Pasámolo en grande con moitos xogos e diversión. Queremos agradecer a ANPA do noso cole a colaboración neste día especial aportando a maxia e entretemento do Mago Charlangas.