As rapazas e rapaces de 6º de EP descubriron que son as STEAM grazas a Iria, María e Luísa, mulleres científicas e tecnólogas. Elas traballan nunha empresa da nosa vila e, ademais, son familiares do alumando do noso centro. Trátase dun proxecto que quere espertar o interese dos máis nov@s sobre acienciae atecnoloxía, principalmente entre as rapazas. O principal obxectivo é amosarlles que, aínda que contamos con poucas referencias femininas nestes ámbitos, si é posible chegar a exercer profesións relacionadas coas STEAM. O alumnado visibilizou, durante seis sesións, referentes de mulleres STEAM, estudos en tecnoloxía, estereotipos existentes... Foi unha experiencia moi positiva.