Segundo as instrucións para a reserva de praza no centro de adscrición correspondente, recollidas na disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022 comunicámoslles a apertura do prazo para a presentación de solicitude co código de procedemento ED550A para cambio dun centro a outro ao que se está adscrito.
Isto afecta ao alumnado de 6º de Educación Primaria que desexen cursar a ESO no IES de Curtis, que é o instituto ao que este centro está adscrito.
O prazo de presentación é do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024 ambos incluídos.
Presentación da documentación:
- As familias terán que entregar a solicitude de reserva de praza en horario de secretaría no centro de orixe (no CEIP de Teixeiro) : ANEXO ED550A
- Ou ben poden presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da aplicación ADMISIÓNALUMNADO.
Máis información na páxina web de Educación da Xunta. Pinchade aquí