O día 30 de XANEIRO celébrase o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA
Este ano 2019, na semana da Paz reflexionaremos sobre a tolerancia. O lema que eliximos para este ano é: "eu son, ti es ... xuntos somos".
Entre outras actividades organizaremos un rastrillo solidario que estará aberto do 23 de ao 30 de xaneiro. Recolleranse, así mesmo, alimentos e productos de hixiene e roupa usada. A roupa e o recaudado no rastrillo entregarase a ONG "Ecodesarrollo Gaia" de A Coruña que está a desenvolver distintos proxectos en África. Podedes visitar a súa páxina web premendo nesta ligazón. Os alimentos e productos de hixiene entregarémolos a Cáritas de Culleredo.
Para coñecer máis detalladamente as actividades que se levarán a cabo podedes premer na seguinte imaxe: