COVID

Actualización do Protocolo COVID

 

Actualización do protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 (20/05/2022)

(...) 4.1 Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Especial: Na situación actual os grupos de convivencia estable (GCE) poden interactuar entre si tanto en exteriores como en interiores coa única excepción do comedor escolar e espazos alternativos habilitados para as comidas, nos que se manterá o GCE. (...)

Directrices sobre o uso das máscaras

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia - 21/04/2022

"Neste contexto normativo no que a máscara non resulta obrigatoria é especialmente relevante lembrar a importancia de manter o resto de medidas de protección que, ao longo da pandemia, téñense amosado eficaces. Así, a hixiene de mans, a ventilación e evitar as aglomeracións seguen a ter un alto valor protector. Con todo, débese ter en conta que nos centros educativos pode haber poboación vulnerable entre o alumnado e o persoal docente e non docente, polo que a máscara resulta nestes colectivos vulnerables particularmente recomendable.

Por outro lado e a pesar de que en Galicia o 95,5% da poboación susceptible de vacinar xa está vacinada e que que en concreto, na poboación de 5 a 11 anos é a comunidade autónoma coa maior cobertura de toda España, con máis do 60% desta poboación con dúas doses administradas, é preciso aumentar esta cobertura para acadar maior protección.

Polo tanto, e atendendo ás particularidades descritas, resulta recomendable, con carácter voluntario, o uso da máscara no interior dos centros educativos tanto por parte do alumnado coma dos/as traballadores/as do centro."

 OBRIGATORIO

• Transporte escolar (salvo excepcións recollidas no apartado 3.1)

 RECOMENDADO

• Persoal traballador do centro educativo.

• Alumnado do centro educativo.

• Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia.

• Persoas traballadoras.

• Visitas cando estean en zonas compartidas.

• Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.

 

Actualización protocolo COVID

Queridas familias:

Desde hoxe, mércores 20 de abril de 2022, cambia a normativa xeral de uso da máscara.

Na Comunidade Autónoma de Galicia, as Consellerías de Educación e Sanidade manifestaron en diversos medios de comunicación a súa intención de manter a recomendación de uso nas escolas, aínda que desapareza a obriga.

Dado que aínda non se fixo ningunha publicación oficial ao respecto por parte da Consellería de Educación, pedímovos que o alumnado siga mantendo o uso da máscara uns días máis, ata que teñamos confirmación oficial de como se modifica o protocolo sanitario para os centros educativos. Tan pronto haxa unha comunicación oficial, comunicarémosvolo de inmediato.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

A dirección e o Claustro

COVID: Máscaras nos recreos

Queridas familias:

A Xunta ven de facer público o seguinte comunicado, polo que a partir do luns o alumnado poderá estar nos recreos no patio exterior sen máscara se o desexa. O seu uso no interior do edificio escolar seguirá sendo o que marca o protocolo. 

 

Repunte de contaxios COVID

Queridas familias:

Como xa sabedes, o índice de contaxios COVID está subindo nas últimas semanas e desde o colexio queremos lembrarvos o importante que é seguir realizando a autoenquisa en familia todas as mañás. As persoas adultas contamos tamén con este autotest que nos facilita o SERGAS. 

En caso de que algunha crianza presente algún síntoma compatible coa COVID o procedemento será comunicalo ao centro e poñerse en contacto co/a pediatra o antes posible. Tede en conta que as crianzas non se poderán reincorporar ás aulas se non contan con autorización médica.

Un saúdo

A dirección

Distribuir contido