Directrices sobre o uso das máscaras

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia - 21/04/2022

"Neste contexto normativo no que a máscara non resulta obrigatoria é especialmente relevante lembrar a importancia de manter o resto de medidas de protección que, ao longo da pandemia, téñense amosado eficaces. Así, a hixiene de mans, a ventilación e evitar as aglomeracións seguen a ter un alto valor protector. Con todo, débese ter en conta que nos centros educativos pode haber poboación vulnerable entre o alumnado e o persoal docente e non docente, polo que a máscara resulta nestes colectivos vulnerables particularmente recomendable.

Por outro lado e a pesar de que en Galicia o 95,5% da poboación susceptible de vacinar xa está vacinada e que que en concreto, na poboación de 5 a 11 anos é a comunidade autónoma coa maior cobertura de toda España, con máis do 60% desta poboación con dúas doses administradas, é preciso aumentar esta cobertura para acadar maior protección.

Polo tanto, e atendendo ás particularidades descritas, resulta recomendable, con carácter voluntario, o uso da máscara no interior dos centros educativos tanto por parte do alumnado coma dos/as traballadores/as do centro."

 OBRIGATORIO

• Transporte escolar (salvo excepcións recollidas no apartado 3.1)

 RECOMENDADO

• Persoal traballador do centro educativo.

• Alumnado do centro educativo.

• Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia.

• Persoas traballadoras.

• Visitas cando estean en zonas compartidas.

• Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.