Plantar unha árbore

 

 

 

Como plantar unha arbore...

            1º Facemos un burato na terra.

            2º Poñemos a árbore no burato e suxeitámola dereita para que non medre torta.

            3º Botámoslle terra pouco a pouco pisándoa ben para que non quede aire nas raíces.

            4º Botámoslle abono no burato sen que toque a planta nin no tronco nin nas raíces.

            5º Rematamos de encher de terra o burato.

            6º Pisamos moi ben a terra outra vez.

            7º Regamos a planta.

            8º Botámoslle cal sen que toque o tronco para desinfectar e para darlle riqueza a terra.

            9º Poñémoslle un pau guia.

 

Rostros de muller: 500 anos a través da arte

LeonardoVinci, Raphael, Henri Matisse, Gustav Klimt, Salvador Dali e Pablo Picasso son só algúns dos artistas que forman parte dun impresionante video que mostra como evolucionou o rostro da muller na pintura, nos últimos 500 anos.
O video Mulleres na Arte, dirixido polo artista dixital Philip Scott Johnson é un "impresionante himno dedicado á historia da arte a través de imaxes da muller", resaltan medios estadounidenses. Engaden que a composición foi unha "verdadeira euforia na web".

En YouTube foi visto por máis de 11 millóns de persoas. "É unha viaxe formidable ao longo das historia que mostra o aspecto cambiante das mulleres famosas" precisan as publicaciones. A montaxe foi realizada cunha técnica chamada morphing, onde Johnson utilizou o rostro feminino para viaxar por 500 anos da historia da pintura, unindo famosos retratos e xerando unha relación de continuidade entre distintas técnicas e estilos pictóricos.

É un efecto dixital de transición entre dous planos ou imaxes, no cal o primeiro deles transfórmase gradualmente no segundo, cun fundido encadeado.

Durante o video, o artista avanza na composición do rostro da muller, pasando polo Barroco, o Neoclasicismo, ata o Impresionismo.

É posible identificar cada rostro na seguinte páxina, clic aquí.

Qué pasa co teu corpo se deixas de fumar agora mesmo?

- En 20 minutos a presión arterial volverá á normalidade.

- En 8 horas os niveis de monóxido de carbono (un gas tóxico) no teu torrente sanguíneo reduciranse á metade, e os niveis de osíxeno volverán á normalidade.

- En 48 horas a probabilidade de ter un ataque ao corazón terá diminuído. Toda a nicotina terá abandonado o teu corpo. O teu sentido do gusto e do olfacto volverá a un nivel normal.

- En 72 horas os bronquios relaxaranse, e os teus niveis de enerxía aumentarán.

- En 2 semanas a túa circulación aumentará, e continuará mellorando durante as próximas 10 semanas.

- En 3 a 9 meses tose, arquexos, problemas respiratorios disiparanse e a capacidade pulmonar mellorará nun 10%.

- En 1 ano o risco de sufrir un ataque ao corazón terá diminuído á metade.

- En 5 anos o risco de sufrir un derrame cerebral volve ao dun non fumador.

- En 10 anos o risco de cancro de pulmón volve ser o dun non fumador.

- En 15 anos o risco de ataque ao corazón volve ser o dun non fumador.

Plan Alerta Escolar

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria puxo en marcha desde o curso 2007-08, o programa de Alerta Escolar en colaboración coa Fundación 061, que ten como obxectivo a atención inmediata e eficiente do alumnado que presente unha patoloxía crónica e pode desenvolver en calquera momento unha crise.
 
 

Negros e Brancos - David McKee

Hai moito tempo, todos os elefantes do mundo eran brancos ou negros, e odiábanse entre si. A guerra non tardou en estalar, e durante moito tempo non se volveu ver ningún elefante sobre a Terra. Ata que un día...
 
Distribuir contido