Instruccións da Consellería para entregar os equipos emprestados ás familias que os teñan asignados

Debido a situación actual causada pola crise sanitaria da covid-19, a Xunta de Galicia ten en marcha o Plan de Ensino Virtual ante a Covid-19. No marco deste Plan pon a disposición das familias que o precisen, segundo a valoración dos centros educativos para cubrir a fenda dixital, dispositivos que contarán con conexión a Internet gratuíta co fin que todos os/as alumnos/as poidan continuar co seu proceso formativo durante o periodo que dure o seu confinamento ou corentena domiciliaria.

A dotación para o alumnado que o necesite é un pack indivisible, que se debe entregar completo a familia, formado por: equipo portátil e un kit de conexión composto por un router wifi inalambrico e unha tarxeta SIM.

 

Indicacións para entregar os equipos ás familias:

1. O centro debe poñerse en contacto coa familia destinataria para establecer unha canle segura para a entrega do equipamento e concertar data e hora para a entrega.

2. O equipamento é nominal e cada bulto esta identificado por un número que relaciona, entre si, cada un dos elementos a entregar a familia e os números de serie dos elementos co alumno/a beneficiario. Por exemplo: ao portátil rotulado co número 1501, correspóndelle o kit de conexión 1501 e o DOCUMENTO DE CESIÓN 1501. Na acta de entrega do equipamento no centro ou no DOCUMENTO DE CESIÓN DE USO relacionase o número identificador de cada bulto co nome do alumno/a beneficiario.

3. O DOCUMENTO DE CESIÓN DE USO debe ser asinado pola familia no mesmo momento que o equipamento sexa entregado o alumno/a, e logo pasar a ser arquivado e custodiado polo centro. No caso que a familia o requira pode entregarse unha copia do mesmo.

4. No momento da recollida do equipamento empregarase o mesmo DOCUMENTO DE CESIÓN DE USO. No caso de que non se devolverá todo o equipamento, ou este non se devolvera en correcto estado, o centro deberá recoller no documento do acordo ditas circunstancias, indicando os elementos non devoltos, ou as incidencias sobre ditos elementos. Lembrase que o as familias están obrigadas a entregar o equipamento no centro á maior brevidade posible e sempre no prazo máximo de tres días desde a reincorporación do/a alumno/a ao centro escolar logo de rematar o período de peche, confinamento ou corentena domiciliaria.

5. Una vez que o equipamento é devolto ao centro pola familia, o centro debe remitir a dixitalización do DOCUMENTO DE CESIÓN DE USO correctamente cuberto e asinado, coas observacións sobre a recollida que foran pertinentes, ao correo dispositivos.covid@edu.xunta.gal, facendo constar no corpo do correo os datos requiridos nas instrucións xerais. Así o persoal técnico procederá á recollida do equipamento para a súa revisión e posterior uso por outro/a alumno/a que o necesite.

 

CONDICIÓNS DA CESIÓN

1.Mediante este acordo a Xunta de Galicia cede o uso dun ordenador e dun kit de conexión composto por un router inalámbirco e unha tarxeta SIM, ao/a alumno/a cunha finalidade educativa para a realización de tarefas escolares durante o período de corentena ou confinamento domiciliario do alumno/a por indicacións sanitarias debido a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, coas condicións e normas recollidas neste documento. Non se poderá utilizar o citado equipo para ningún outro uso persoal ou profesional. Ademais non poderá cederse a terceiras persoas.

2.O/a alumno/a e a súa familia non poderán realizar manipulacións no ordenador nin no software nel instalado. En caso de que se observe calquera desperfecto no equipo, deberá informar ao/á titor/a do curso e notificalo á Unidade de Atención a Centros (UAC) no menor prazo posible. Dado que se trata dunha ferramenta proporcionada pola Administración, o persoal técnico da Xunta de Galicia poderá requirir o ordenador para desenvolver actividades de administración ou mantemento.

3.O ordenador e o kit de conexión deberán ser entregados (nas súas embalaxes orixinais) no centro educativo á maior brevidade posible e sempre no prazo máximo de 3 días desde o retorno do/a alumno/a asista o centro escolar unha vez rematado o período de estancia domiciliaria do alumno/a.

4.Responsabilízome do correcto coidado e uso do ordenador e do kit de conexión, respondendo da perda deste ou do seu mal uso. Isto non inclúe as avarías que poidan producirse na utilización diaria dos equipos e estean contempladas na súa garantía. 

Solicitude de empréstito de recursos informáticos

Queridas familias:

A Consellería está realizando a previsión de necesidades informáticas en caso de que teñamos que volver ás clases non presenciais.

Se algunha crianza non dispón dos medios técnicos necesarios para, de ser o caso, poder seguir as aulas desde a casa, pregámosvos que por favor cubrades e nos enviedes o impreso adxunto para que poidamos dar resposta ás vosas necesidades.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

A dirección.

 

Antoni Gaudi

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido