30X: Día da Paz 2021

Álbum: Curso 20-21 -> Paz 2021

Contratos Programa 2020-21

A iniciativa de contratos-programa trata de constituír un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, poidan desenvolver un plan de mellora no que se poida, en función das necesidades detectadas e do proxecto educativo, potenciar, de forma prioritaria, o desenvolvemento das competencias clave, mellorar a convivencia, reducir as taxas de abandono escolar temperán, promover a igualdade de xénero e a inclusión, mellorar a competencia socioemocional, afondar no logro da excelencia educativa, promover a actividade física, así como proporcionar atención educativa para a compensación de desigualdades na educación.

 

Pinchade na imaxe para saber máis.

Día de conveniencia pedagóxica

Queridas familias:

A orde do calendario escolar deste curso 2020-21 no seu Artigo 7. Días non lectivos indica que:

 2. Nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local a que se refire o punto anterior non coincidan con días de clase, os consellos escolares, os consellos sociais ou, na súa falta, os responsables dos centros de menos de tres unidades poderán solicitar, segundo proceda, un ou dous días non lectivos, que deberán preverse na programación xeral do centro, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica. 

No noso caso o único festivo local que coincide con días de clase este curso é a Virxe do mar o 24 de maio polo que seguindo as instruccións do calendario escolar solicitouse o venres 8 de xaneiro como día non lectivo. O segundo trimestre no noso centro comezará o luns 11 de xaneiro.

Un saúdo.

A dirección.

 

 

Concurso debuxo Nadal

Álbum: Sen categoría -> Concurso debuxo Nadal
Distribuir contido