23A Día do Libro

Pinchade na imaxe para visitar a Lois

"Inquilinas" novas para a Poza das ras

Xadrez en familia

Queridas familias:

Compartimos con vós un novo recurso educativo. Tedes dispoñible na aula virtual un curso de xadrez para as crianzas que lles vai axudar a mellorar o seu rendemento escolar.

 

Pinchade na imaxe

 

Beneficios do xadrez para as crianzas

En canto ás capacidades intelectuais, o xadrez pode axudar ás crianzas a mellorar:

- A atención, concentración e a memoria.

- O poder de análise, síntese e organización.

- A capacidade de resolución de problemas e toma de decisións baixo presión.

- A creatividade e a imaxinación.

- O razoamento lóxico-matemático.

 

E no que se refire á intelixencia emocional, o xadrez pode axudarlles a que aprendan a:

- Ter control emocional, sabendo levar tanto os éxitos como a frustración.

- Ter sentido de transparencia, sendo persoas honestas e íntegras consigo mesmos e cos demais.

- Adaptarse a múltiples e inesperadas situacións.

- Esforzarse para conseguir o que se propoñen e incrementar a súa autoestima e confianza.

- Ter iniciativa.

- Ter empatía e comprender ao opoñente durante o xogo.

- Traballar en equipo e colaborar.

Diagnose e seguimento da convivencia escolar

in

Preguntas frecuentes

Guía de usuario do cuestionario de convivencia

Apertura da enquisa do 12 ao 29 de Abril (ambos incluídos)

 

Enderezos de acceso aos cuestionarios:

"Recollida de datos para as familias" en https://www.edu.xunta.gal/convfamil

"Recollida de datos para o alumnado de 5ºEP e 6ºEP" en https://www.edu.xunta.gal/convobrig

"Recollida de datos para o profesorado" en https://www.edu.xunta.gal/convdoce

Máis informacion en http://educonvives.gal 

 

Traballamos co mapa de Oia

 

Pinchade na imaxe para ver as fotos

Álbum: Curso 20-21 -> Traballamos co mapa de Oia

Configurar a Aula Virtual no móbil

in

INSTALACIÓN DA APP

Pinchade na imaxe

 

Despois de instalar a APP podedes configurala para ter acceso a máis dunha aula virtual. Esta característica é moi útil se tedes crianzas estudando en varios centros con aula virtual propia.

 

ACCESO Á NOSA AULA VIRTUAL

So tedes que escribir este enderezo e despois introducir os datos de acceso.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipderefoxos/aulavirtual/

 

Ou escanear este QR e despois introducir os datos de acceso.

 

 

Vídeotitorial da APP

 

Distribuir contido