Queridas familias:
A Consellería está realizando a previsión de necesidades informáticas en caso de que teñamos que volver ás clases non presenciais.
Se algunha crianza non dispón dos medios técnicos necesarios para, de ser o caso, poder seguir as aulas desde a casa, pregámosvos que por favor cubrades e nos enviedes o impreso adxunto para que poidamos dar resposta ás vosas necesidades.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
A dirección.