Skip to Content

REBORRADIO 

 

2023-2024

POEMARIO DA NATUREZA

Tepo e Tepa teñen o pracer de presentarvos... o voso Poemario da Natureza.

Parabéns, familias, polo fantástico traballo!

 
 
 
 
 
 
 
 

Día Internacional da Muller

Como cada ano, conmemoramos o día 8 de marzo o Día Internacional da Muller, neses días realizamos distintas actividades co noso alumnado: 

- Os/as máis pequenos/as elaboraron unhas fantásticas coroas co número 8 relacionado co día no que se festexa.

- A través do conto Daniela Pirata traballouse ao longo da semana a importancia da igualdade e levaron un recordo unha pulseira.

- O alumnado poido participar nun Obradoiro de igualdade sobre mulleres artistas coñecendo a escultora Soledad Penalta e a pintora Maruxa Mallo. A rapazada poido deixar solta a súa creatividade facendo a súa propia escultura con arxila branca e o seu debuxo libremente. Dito obradoiro foi impartido por "Donde Viven los Cuentos".

- Os máis maiores, xogaron ao xogo de cartas "We Can Play" de Julivert.

- Tamén tivemos tempo de facer algunha manualidade relacionada con este día.

Para traballar sobre este tema e reflexionar sobre a situación de moitas mulleres no mundo, traballouse a figura dunha muller Wangari Maathai que foi moi importante para o seu pobo natal, en Kenia pero tamén unha referente para o mundo. A continuación, poderedes desfrutar da actuación e de todo o traballo realizado por 3º e 4º de Primaria.

 

 

 
 

ST. PATRICK'S DAY EN REBORDÁNS!

A semana do 19 de marzo celebramos St. Patrick’s Day. 

Aprendimos sobre Irlanda Bandeira, sobre St. Patrick’s e a súa historia, limos o conto “How To Catch a Leprechaun”, fixemos un mural colaborativo, cantamos e bailamos ata quedar cansos!

O día 19, o leprechaun Finn deixounos unha nota no cole como agradecemento polo traballo sobre St. Patrick’s Day e tamén unhas moedas de chocolate. Que ricas que estaban!

  

 
 

OBRADOIRO TÉCNICA DO RAIADO

Liñas, liñas e máis liñas...de diferentes cores, grosores, formas... hoxe comprendimos que pode ser unha boa opción, e moi orixinal, colorear un debuxo con raias. Decidimos experimentar e facer a nosa propia versión do monte Aloia! Bo traballo moz@s!!

                                         

 

COÑECEMOS O BOSQUE ATLÁNTICO

Tepo e Tepa sorprendéronnos unha vez máis cunha interesantísima visita. 

O educador ambiental, Marcos Guiadanes, enriquecía o noso proxecto de centro cunha charla sobre o Bosque Atlántico.

Explicounos a importancia que teñen as árbores autóctonas no equilibrio ecolóxico, para a fauna e especialmente para as aves; coñecemos as especies forestais foráneas máis daniñas para o equilibrio ecolóxico e recoñecemos as vinte e cinco especies arbóreas autóctonas da nosa contorna.

Nós estivemos encantados e encantadas!

Por un bosque de coñecemento!

 

 
 
 

SEMANA DA PRENSA

Chega a Semana da Prensa!

Tepo e Tepa montaron un quiosco con todo tipo de xornais.

Tamén trouxeron revistas de diferentes temáticas.

Coñecendo outras formas de acceder á información... Guiño

 
 
 

NOVIDADES NA TEPOTECA

Na Tepoteca xa temos moitas novidades para poder poñer en marcha o noso proxecto de centro...

Tepomisión: protexamos os nosos montes.

Non podedes deixar de botarlles unha ollada.

Tepo e Tepa xa están mergullados neles!

 

 
 

INICIO CURSO 23-24

Despois dunha semana de organizar, planificar e preparar o inicio de curso, dámonos conta de que... xa está aí o día do reencontro!
O vindeiro luns, ás 9:15 volveremos encher de vida e ilusión o colexio!!
Ganiñas de ver canto medráchedes no verán!
Tepo e Tepa.

                                     

 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut