Skip to Content

REBORRADIO 

 

Proxecto cine

TIC, TAC, TIC, TAC...XA QUEDA MENOS!

O alumnado de 6º xa está con derradeiros retallos da súa creación cinematográfica. Esteredes comigo en que estamos desexando vela. Xa queda menos, un pouquichiño de paciencia.

Continuará...

ENTRE BAMBALINAS - REBORDÁNS, CÁMARAS, ACCIÓN!

Ola, familias.

En plena rodaxe coa aula de 6º vén á nosa memoria a gravación que fixemos hai uns meses co grupo de 5º do vídeo promo do noso colexio.

Mirando ás fotos que fixemos cremos que paga a pena mostrar o que ocorría por detrás, "entre bambalinas"

Porque na viaxe, non só é importante chegar, senón gozar co percorrido. E só hai que ver as fotos para decatarse que eles e elas o gozaron.

Organización da rodaxe:

 Gravando as esceas con croma

 Descansando un pouco...

 As profes orgullosas do traballo do alumnado

 Dentro vídeo!

CONTINUARÁ...

SEGUIDE O CAMIÑO DAS BALDOSAS AMARELAS

Durante a semana de conmemoracións do Día do libro, unha mensaxe apareceu nas clases. Esta mensaxe pertencía á película "El mago de Oz" e poñía... 

"seguide o camiño das baldosas amarelas..."

E así o fixemos!

Clicade no vídeo e mirade o que atopamos.

 

CINEMA MARABILLAS - RAQUEL QUEIZÁS

O pasado venres, 31 de marzo, recibimos na Tepoteca o espectáculo da actriz Raquel Queizás, Cinema Marabillas.

Tepo e Tepa tiñan todo preparado para que o alumnado do Ceip de Rebordáns gozara vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos.

E así descubrir que o cine e a literatura van moi unidos. 

Toda unha sesión chea de risas, historias, cine, maxia... encheu a nosa Tepoteca.

Un fantástico xeito de enriquecer o noso proxecto deste curso, Rebordáns, cámara...e acción! 

 

 

Tres das nosas artistas de quinto de primaria agasallaron a Raquel Queizás con unha das súas pequenas creacións. 

Graciñas por compartir o teu talento con nós!

Ata a próxima!

Distribuir contido


by Dr. Radut