Skip to Content

REBORRADIO 

 

biblioteca

SEMANA CULTURAL LETRAS GALEGAS: POESÍA

Ola, familias.

Durante esta xornada enmarcada dentro da Semana cultural das Letras galegas, a protagonista foi a poesía e os vosos fillos e fillas, claro. Tamén coñecemos algo da vida do homenaxeado deste ano: Francisco Fernández del Riego. Non perdades detalle. Pinchade no vídeo:

ENTREVISTAMOS EN GALEGO... ESPECIAL REBORRADIO 4º PRIMARIA

Como non podía ser doutro xeito, na semana cultural das letras galegas, os nenos e nenas de 4º primaria queren ofrecernos unhas entrevistas en galego moi orixinais.

Tepo e Tepa aínda non conseguiron parar de rir!

Clicade na imaxe e gozade coa súa proposta.

Parabéns, rapazada!

 

 

MALETA: BANDA DESEÑADA DO CFR

Ola a todos e todas!

Durante uns días puidemos gozar coa maleta do CFR que estaba repleta de boas lecturas de banda deseñada.

 

RECOMENDACIÓNS DAS FAMILIAS.

Ola, familias!

Aquí tedes algunhas das vosas recomendacións de libros e películas

Estamos supercontent@s da gran participación. 

Non perdades detalle. 

Clicade na imaxe para ver o vídeo.

BOOKTUBERS

Temos novas recomendacións dos nosos booktubers.

Clicade nas imaxes para velas.

 

22 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA AUGA

 

Hoxe é o DÍA MUNDIAL DA AUGA, un día no que quixemos crear conciencia sobre a importancia de manter as augas limpas, o noso planeta Terra está cuberto case un 70% de auga, así que podedes imaxinar por que temos que ser conscientes do coidado desta gran parte do noso planeta.

Para isto, volvemos a botar man da nosa TEPOTECA, onde hai libros interesantísimos sobre esta temática, nesta ocasión traballamos o conto:

"Alejo"o cangrexo, tiña que cambiar de cuncha e non atopaba máis que lixo no mar e nas praias.

Esta divertida historia, levou a procurar solucións para evitar situacións como a que lle ocorría a "Alejo".

A solución resultou ser moi sinxela, RECICLAR e tirar cada cousa no lugar axeitado. Así que, o alumnado de 1º curso puxémonos mans á obra:

Lemos, investigamos e divulgamos.

 

Seguimos cos ODS:

 

CAPITÁN VERDEMÁN

Os pequechos de 6º de infantil deron cun libro superchulo que Tepo e Tepa tiñan no expositor do corredor, "O CAPITÁN VERDEMAN, SUPERHEROE DA RECICLAXE" resultou ser unha historia moi divertida e interesante onde nos fai ver a importancia da reciclaxe. Traballaron o conto e fixeron un cartel para colocar na entrada do cole.

Aquí temos aos nosos superheroes e superheroínas, moi concienciados de conseguir UN MUNDO MELLOR!!!!

 

 

SUPERESTREO DO VÍDEO PROMO DO COLE!

Ola familias!

Teño o pracer de presentarvos o vídeo onde mostramos o noso colexio. Está feito baixo a visión e o traballo dos nenos e nenas de 5º dentro do Proxecto Polos Creativos. Non podemos estar máis orgullosos do noso alumnado.

Botade unha ollada premendo na imaxe!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

De novo, no CEIP de Rebordáns celebramos esta data internacional , o Día da Muller. Para conmemorala levamos a cabo distintas actividades:

- Estreamos o noso "Paseo da fama" coas nosas mulleres máis importantes.
- Fixemos un mural con referencia ás nosas nais.
- Creamos distintas manualidades relacionadas coa temática.

E para finalizar, Tepo e Tepa presentáronnos no espazo de lectura do corredor, unha interesante exposición de libros, que nos axudan a entender e disfrutar que é iso da igualdade.


 Si queredes ver isto e moito máis, premede na foto para ver o vídeo:

Distribuir contido


by Dr. Radut