Día das Bibliotecas , 24 de outubro
A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia.
As propostas para esta celebración están pensadas nas circunstancias COVID-19, polo que animamos ao profesorado e alumnado a participar dende as titorias .
Dende o equipo de biblioteca, propoñémos a realización dun marcapáxinas que servirá para iniciar o proxecto de centro deste ano
" Camiñando cos Celtas".
E aquí podedes admirar algunhas das bibliotecas máis modernas do mundo. Son realmente " impresionantes ".
- %count lecturas