Skip to Content

REBORRADIO 

 

O MESTRE DE XADREZ NA REBORRADIO

Preme na imaxe para escoitar o programa.

OBRADOIRO DE XADREZ

Esta semana empezamos os obradoiros de xadrez. Brais Otero Nogueira, profesor xadrecista do club de Mos, será o encargado de iniciarnos. Estará connosco os luns, mércores e venres.

Esta semana empezamos cunhas nocións básicas e cos movementos dos peóns e o rei.

Esperamos con impaciencia a seguinte clase!

 

 

 

 

MISIÓN ESCULTUIRÍZATE

O xoves aparareceron nas aulas do noso cole unhas mensaxes enviadas por Tepo e Tepa. Tiñan unha proposta para nós; debiamos resolver as pistas e atopar o material onde realizar unha nube de palabras sobre o tema do noso proxecto de centro. Puxémonos en marcha e todas as clases atoparon unha escultura; alí realizariamos a misión.

A continuación tedes unha mostra en imaxes do ben que o pasamos.

    

 

 

Programa LECTURA E FAMILIAS

Temos o pracer de informarvos que o noso cole foi seleccionado para participar no programa de Lectura e Familias.

En breve, xuntos poñeremos en marcha novas iniciativas que impulsarán a creación de lectores competentes.

 

REBORRADIO ENTREVISTA ESPECIAL

 Os nenos e nenas de primeiro tíñannos preparada unha súper sorpresa na emisión do seu programa de radio.Ían a entrevistar a Papá Noel!

Non podían estar máis emocionados. Escoitade con atención.

 

FELICES LECTURAS NESTE NADAL

Aquí tedes as suxerencias lectoras para esta época de Nadal.

           

              

 

RECUNCHO FEDELLO

O recuncho fedello xa está en marcha na biblio os xoves e venres no tempo de lecer.

Os alumnos e as alumnas acoden entusiasmados a realizar as súas creacións.

A continuación presentámosvos unha mostra.

 

            

           

CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Aproveitando que estamos no mes da ciencia en galego, recibimos na biblioteca unha visita moi máxica, o Mago Paco.

Os rapaces e rapazas de terceiro e cuarto gozaron co espectáculo Ciencia vs Maxia, e os de quinto e sexto, con MateMaxia.

 Quedaron abraiados!

 

A MALETA DE TEPO E TEPA

As compañeiras e compañeiros de terceiro e cuarto tiveron a sorte de recibir as primeiras maletas de Tepo e Tepa.

Que emoción!

Cantas novas lecturas para gozar!

      

 

NOVIDADES NA BIBLIO

Aquí vos presentamos as últimas novidades que xa podedes atopar na biblioteca.

A seguir gozando coa lectura!

    

      

  



by Dr. Radut