No museo de Pontevedra podemos comtemplar unha lauda pétrea, atopada en Rebordáns e que pertencente ao tipo denominado de estola, así chamado por compoñer ese esquema ou figura o baquetón que marca as aristas das catro vertentes da tapa. A súa presenza é moi frecuente nas necrópolis altomedievais da antiga Gallaecia.
Co gallo do Día Internacional da Muller realizamos un mural no que escribimos unha fermosa frase. Así é como o sentimos no noso colexio "QUEREMOS MEDRAR EN IGUALDADE".
Como vedes, xa temos listos os salvamanteis da clase de 4º E.P.!!
Empregamos pinturas acuarelables, que non son outra cousa que lapis de madeira cuxa pintura é acuarela. Coloreamos e logo pasámoslle un pincel con auga, todo un invento!
A música é un GALOP, que é música rápida, dinámica, que imita o galope dos cabalos.
Este en concreto é o GALOP final da Obertura da ópera "Guillermo Tell" do compositor G. ROSSINI. É doado imaxinar aos cabalos a todo correr co ritmo desta música!