5º Curso

DUATLÓN 5º DE PRIMARIA

BAILE

VISITA AO MUSEO

VISITA AO MUSEO

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 5º

Aproveitando o cambio de tempo, os de 5º fomos... DE EXCURSIÓN. E por si as fotos non vos dan pistas decirvos que estabamos moi contentos porque saímos de Galicia (despois de tanto estudar o seu relevo!...) e chegamos a León, máis concretamente a PONFERRADA.

A viaxe foi un pouco longa, porque sabiamos que iamos ver un castelo...SI! da época medieval e con restos dos antepasados moi semellante ao que xa viramos na clase en coñecemento do medio, os castros, as guerras entre distintos pobos, a resistencia,... Ollo, case todos superamos eses temas e a verdade era sorprendente o grande que era o castelo de Ponferrada.

Despois dirixímonos á museo da radio dun gran coñecido locutor : Luis del Olmo.  Foi moi interesante ver como co paso do tempo a radio ao igual que outros obxectos modernizouse tanto. Ata había un radio-tostador. Pero, non o creerede pero o que mellor fixemos foi cantar o himno galego e que se escoitase en todo o museo. Fixémolo moi, moi, ...ben.

Pola tarde, acercámonos ás Médulas, algúns máis nerviosos ca outros, xa que escoitaron falar nas clases de romanos, invasións,inventos, OURO,... e algún chegou a crer que ía saír dalí millonario... É que os romanos foron moi listos!!!

Viñemos moi contentos e satisfeitos.... QUE BO DÍA!!!!!

 

Distribuir contido