Blogues

MENÚS MES DE FEBREIRO

NOS ADXUNTOS PÓDENSE CONSULTAR OS MENÚS DO MES DE FEBREIRO 

COMEDOR ESCOLAR 2022-2023

Recollemos información sobre o comedor escolar  para o presente curso 22-23 xa que  hai algúns cambios

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS LIBROS DE TEXTO 2022-23

Xa está publicada no tablón de anuncios do centro a listaxe definitiva dos libros de texto 22-23, onde se pode ver os libros que corresponden a cada alumno. Este listado tamén se poderá ver na aplicación Fondolibros da Xunta de Galicia.

Os libros entregaranse en Setembro.

Tódolas familias poden pasar a recoller os vales de libros para 1º e 2º e os vales de material.

Os vales de material non se deberán gastar ata setembro cando o profesor mande o material.

Os vales de libros de 1º e 2º xa se poden recoller para ir encargando os libros. As familias que non os recollan esta semana, ata o venres 8 de xullo, deberán recollelos en setembro a partires do día 1.

Bo verán a todos¡¡¡¡¡

LIBROS DE TEXTO - 2022-2023

Este é o listado de libros do Ceip das Mercedes para o vindeiro curso 2022-2023

AXUDAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL 2022-2023

Adxuntamos a publicación do concello de Lugo para solicitar axudas de  educación infantil para o curso 2022-2023 destinado a  familias de escasos recursos. No archivo adxunto vai tamén o impreso de solicitude. 

O prazo será do 1 ao 21 de xuño.

GRATUIDADE DE LIBROS DE TEXTO 2022-2023

 

GRATUIDADE  LIBROS  DE  TEXTO  -   2022 – 2023

 

1- Deberase cubrila solicitude   anexo I e II, que se recollerá en conserxería, ou tamén por medios telemáticos por internet na aplicación “ Fondolibros” da Xunta.

2- O prazo será ata o  22 de xuño. A renda percápita máxima será de 10000€.

3- Xunto coa solicitude, anexo I e II,  haberá que entregar a  seguinte documentación:

        

Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar.

        

No caso de discapacidade certificado do grao de minusvalidez

        

Se é o caso,sentenza xudicial de separación ou divorcio coa atribución da custodia

4- Para disfrutar das axudas será obrigatorio ter devoltos os libros recibidos do centro o curso anterior 2021-22.

5- Cada familia só realizará una solicitude na que incluirá tódolos fillos do centro.

 

 

DONATIVO DO CEIP DAS MERCEDES

O venres 18 de marzo realizouse no centro un acto solidario en favor da Paz. Nese acto os alumnos e profesores, de forma voluntaria, realizamos un donativo para axudar a tódolos damnificados pola guerra de Ucraína . O total recaudado foi de 2010 euros. Dende aquí damos a enoraboa a toda a comunidade educativa das Mercedes polo seu esforzo e ilusión.

Grazas a todos ¡¡¡¡¡¡

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O martes  8 de marzo as 16:15 haberá no Ceip das Mercedes unha xornada de portas abertas destinada a aqueles alumnos novos que poidan ter intención de matricularse no noso centro para o vindeiro curso 2022-2023

CONCURSO DE ADORNOS DE NADAL 2021

A ANPA  do centro convoca para Nadal un concurso de adornos para tódolos alumnos dende infanitl ata 6º de primaria, e anímavos a todos a participar.

FÉLIZ  NADAL!!!!!!

ELECCIÓNS A CONSELLO ESCOLAR 2021

Estas son as datas que rexirán no proceso de eleccións a Consello Escolar do centro que terán lugar no mes de Novembro. O prazo para presentar candidaturas por parte dos pais será do día 3 ao 15 de novembro. O día de votación será o día 23.

Distribuir contido