Os compañeiros/as de 6º non querían irse sen antes interpretar unha adaptación do famoso Lazarillo de Tormes, que por suposto foi adicada á súa titora, María. María, moita sorte e vai por ti.
E como non, o noso mago Alfonso dounnos un magnífico truco para facer na casa e sorprender aos nosos convidados. Si,si,...comprobádeo. Ahhhhh! Que se nos olvidaba ;tamén como a partir dun debuxo pode aparecer... por exemplo unha laranxa. Que diver!!! A que si?
No festival os nenos/as de 4ª recordáronnos cunha canción do grupo Parchís, a famosa Fin decurso que xa chegabamos ao remate dese día. Este verán, os alumnos/as deixarán de lado as mates, as linguas, o coñecemento,... e os deberes. Que ben! Pero non vos olvidades que moi pronto estaredes de volta así que ...acordádevos de ler de vez en cando. Con todos vós os bailaríns de 4ª...!
Como todo festival, a mellor actuación ,ou polo menos a máis esperada ,é ... a do mellor mago dos arredores (sen despreciar), o mago de tódolos magos...o noso mago Alfonso. Con todos vós aí vos vai a súa actuación que como sempre vos sorprenderá..