XORNAL ESCOLAR

Este é o noso xornal: CAMIÑANDO

LIBROS DE TEXTO CURSO 2016-2017

NO ADXUNTO ESTÁ A RELACIÓN DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO 2016-2017

Lara Méndez inaugura o “bosque de cores” pola diversidade do colexio das Mercedes

 

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, participaron este martes na presentación e inauguración do proxecto colaborativo ‘Tecendo Futuros’ do CEIP As Mercedes, un “bosque de cores pola diversidade”, como o definiu a rexedora, ideado pola Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do centro.

A iniciativa, na que se implicou toda a comunidade educativa, pais e nais, profesores e o propio barrio, consistiu en vestir as 28 columnas do patio do colexio con las que foron tecidas por 19 tecedoras, cada unha delas con cores e deseños diferentes.

Durante a presentación, na que participaron proxenitores, profesores e nenos e nenas do CEIP, a alcaldesa felicitou á ANPA e a toda a comunidade educativa por este novidoso proxecto “que reflicte a pluralidade e a diversidade, o que nos fai medrar como sociedade, e que enche de cor un espazo educativo do que desfrutan durante anos os nenos e nenas”

 

Noraboa a todos os que participastes, facedes un fantástico traballo.

NORABOA...ANPA!!!!

 

ARDE LUCUS 2016

Un ano máis Lugo ten todo preparado para recibir, os días 16, 17, 18 e 19 de xuño, cos brazos abertos a toda esa xente que ten marcado no seu calendario a data da celebración do Arde Lucus

Arde Lucus comezou a súa andaina no ano MMII ligado ao solsticio de verán e cun obxectivo primordial: rememorar a fundación de Lugorecreando o seu pasado romano.O recinto histórico amurallado transfórmase, cada ano durante tres días, en Lucus Augusti, destacada urbe da Gallaecia romana, ofrecendo a quen a visita un completo programa de actividades, nun marco incomparable como é a Muralla, que cobra durante a festa un especial protagonismo.

Así, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria visitaron o campamento instalado na PRAZA MAIOR, un espazo cheo de vida, cunha continua trasfega no seu interior.

 

 

TECENDO FUTURO

 
PARABÉNSSSSSSSSSSSSSS!!!

TECENDO FUTURO

FESTIVAL FIN CURSO

CONCERTO DIDÁCTICO DA BANDA MUNICIPAL DE LUGO

O pasado xoves foi un día moi especial, visitounos a Banda Municipal de Lugo. O tema que estes grandes músicos escolleron para este curso foi o circo. 

Vestidos con vestimentas de pallasos e outros personaxes  circenses, interpretaron animadas pezas que todos seguimos con entusiasmo.

 

 

SAÍDA Ó PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO

O día 9 de xuño tivemos unha saída os alumnos e alumnas de 6º de primaria ó Parque Eólico de Sotavento. Na visita os nenos/as participaron en actividades propostas polos monitores do parque, onde fomentaron a formación e divulgación das enerxías renovables.
 
 
  
 
Tratase dun parque eólico onde se aproveita o vento para xerar enerxía eléctrica .
Primeiro aprendemos as partes dun aeroxerador .
Logo en grupos, visitamos unha casa tiña placas solares e tamen vimos un aeroxerador por dentro.

PROGRAMA FESTA LETRAS GALEGAS E FIN DE CURSO

 

Distribuir contido