A) Lexislación aplicable:
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro de 2022 polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de EI, EP, ESO e Bacharelato, reguladas na LOE.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.
B) Información relavante sobre os postos escolares:
Nos niveis de inicio de cada etapa educativa das ofertadas neste centro (4º EI e 1º EP), porase a disposición da Administración educativa 3 postos escolares por unidade para o alumnado con NEAE, que serán asignados con prioridade pola Comisión de escolarización / Servizo Territorial de Inspección Educativa segundo corresponda.
C) Información sobre o uso do transporte escolar:
1- Serán usuarios lexítimos os alumnos/as cuxo domicilio (acreditado mediante padrón) se atope a unha distancia do centro educativo superior a 2 km.
2- O alumnado cuxo domicilio se atope a unha distancia do centro educativo de 2 a 1 km, poderá facer uso deste servizo sempre e cando queden prazas vacantes no autobús.
3- Non teñen dereito ao uso deste servizo o alumnado cuxo domilio non corresponda á área de influencia do colexio, aínda que se poderá autorizar o uso excepcional se quedan prazas vacantes.
As autorizacións concedidas nos puntos 2 e 3 serán unicamente para un curso escolar (2023/2024) e perderán dita praza se se precisa para alumnos/as que se matriculen en calquera momento e sexan usuarios lexítimos.
D) Vacantes ofertadas:
O número de prazas vacantes para o curso 2023/2024 é o seguinte: