Skip to Content

BIBLIOTECA TROTAAUGAS

 

REVOLTALLO DE COUSAS

VOZ NATURA

blogue demariarscastro

CALENDARIO INFORMATIVO - FONDO LIBROS E VALES DE MATERIAL 2024/2025

Na seguinte táboa tedes os prazos establecidos para as axudas do Fondo-libros e vales de libros e/ou material escolar para o vindeiro curso 2024/2025.

As listaxes provisionais e definitivas, segundo a normativa, publicaranse no taboleiro do centro e non se poderá dar información por teléfono.

LISTAXE PROVISIONLA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2024/2025

A partir de hoxe podedes consultar no taboleiro de anuncios, situado no centro, a listaxe  de alumnado admitido para o curso 2023/2024.

Esa consulta tamén a podedes realizar de forma telemática na aplicación "Admision alumnado" empregando o certificado dixital ou Chave365.

ADMISIÓN DAS RESERVAS PRESENTADAS PARA O IES RIBEIRA DO LOURO

Informamos que quedan admitidas todas as reservas para o curso 2024/2025, presentadas para cursar a ESO no noso centro adscrito, IES Ribeira do Louro.

No taboleiro do IES están publicadas as correspondentes listaxes.

PRAZOS PARA A TRAMITACIÓN DOS PROCEDEMENTOS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025

RAZOS PARA A TRAMITACIÓN DOS PROCEDEMENTOS DE ADMISIÓN E DE MATRÍCULA DO ALUMNADO.

A) Lexislación aplicable:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro de 2022 polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de EI, EP, ESO e Bacharelato, reguladas na LOE.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.

B) Prazos previstos: 

PRAZOS

PROCESOS

DOCUMENTACIÓN E XESTIÓN

Antes do 1 de marzo

Publicación de postos escolares vacantes

Publicación na web e no taboleiro interno do centro.

Páxina de información: AdmisiónAlumnado

Do 1 ao 20 de marzo

Presentación de solicitude de praza ordinario (noutros centros ou nova admisión).

Impreso de solicitude (ANEXO II - ED550B):

En galego.                                             En castelán.

*Pódese recoller no noso centro educativo concertando cita previa.

Fotocopia do DNI do neno/a ou da folla correspondente do libro de familia.

Certificado de empadroamento.

De ser o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

 

De ser o caso, certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da unidade familiarSe solicita praza nun curso distinto de 4º de E. Infantil, certificación de matrícula e/ou académica do centro de orixe.

25 de abril

Publicación das listaxes provisionais de persoas

Publicación no taboleiro interior do centro.

15 de maio

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas

Publicación no taboleiro interior do centro (expostas ata comezo do curso seguinte).

Do 20 ao 30 de xuño

Formalización matrícula en Educación Infantil e Primaria.

Presentación da documentación (facilítase no cole):

- ANEXO III-1.

- Documentación solicitada polo centro.

 

C) Información importante:

- Se se quere facer constar varios centros por orde de preferencia, entregarase unha única solicitude no centro pedido en primeiro lugar.

- Presentar varias solicitudes de admisión en centros distintos suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder, a non ser que se renuncie expresamente por escrito ás solicitudes anteriores.

- No caso de que a solicitude estivese correctamente cumprimentada e o número de solicitudes presentadas fose inferior ao número de prazas ofertadas polo centro, o/a alumno/a aparecerá na listaxe provisional de admitidos que será publicada antes do 25 de abril.

OFERTA DE PRAZAS VACANTES CURSO 2024/2025

A) Lexislación aplicable:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro de 2022 polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de EI, EP, ESO e Bacharelato, reguladas na LOE.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.

 

B) Información relavante sobre os postos escolares:

Nos niveis de inicio de cada etapa educativa das ofertadas neste centro (4º EI e 1º EP), porase a disposición da Administración educativa 3 postos escolares por unidade para o alumnado con NEAE, que serán asignados con prioridade pola Comisión de escolarización / Servizo Territorial de Inspección Educativa segundo corresponda.

 

C) Información sobre o uso do transporte escolar:

1- Serán usuarios lexítimos os alumnos/as cuxo domicilio (acreditado mediante padrón) se atope a unha distancia do centro educativo superior a 2 km.

2- O alumnado cuxo domicilio se atope a unha distancia do centro educativo de 2 a 1 km, poderá facer uso deste servizo sempre e cando queden prazas vacantes no autobús.

3- Non teñen dereito ao uso deste servizo o alumnado cuxo domilio non corresponda á área de influencia do colexio, aínda que se poderá autorizar o uso excepcional se quedan prazas vacantes.

As autorizacións concedidas nos puntos 2 e 3 serán unicamente para un curso escolar (2023/2024) e perderán dita praza se se precisa para alumnos/as que se matriculen en calquera momento e sexan usuarios lexítimos.

 

D) Vacantes ofertadas:

O número de prazas vacantes para o curso 2024/2025 é o seguinte:

 

 

 

Xornada de portas abertas 2024

Chegou o momento de coñecer o cole do teu fillo/a.
Levaremos a cabo a Xornada de Portas Abertas o martes día 20 de febreiro ás 16:00 horas.
Chama e anótate!
 

ADMISIÓN DAS RESERVAS DE PRAZAS DO IES

Informamos que quedan admitidas todas as reservas presentadas no noso centro adscrito, IES Ribeira do Louro, para o procedemento de admisión.

Distribuir contido


by Dr. Radut