PRAZOS PARA A TRAMITACIÓN DOS PROCEDEMENTOS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025
RAZOS PARA A TRAMITACIÓN DOS PROCEDEMENTOS DE ADMISIÓN E DE MATRÍCULA DO ALUMNADO.
A) Lexislación aplicable:
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro de 2022 polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de EI, EP, ESO e Bacharelato, reguladas na LOE.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.
B) Prazos previstos:
PRAZOS |
PROCESOS |
DOCUMENTACIÓN E XESTIÓN |
Antes do 1 de marzo |
Publicación de postos escolares vacantes |
Publicación na web e no taboleiro interno do centro. Páxina de información: AdmisiónAlumnado |
Do 1 ao 20 de marzo |
Presentación de solicitude de praza ordinario (noutros centros ou nova admisión). |
Impreso de solicitude (ANEXO II - ED550B): *Pódese recoller no noso centro educativo concertando cita previa. Fotocopia do DNI do neno/a ou da folla correspondente do libro de familia. Certificado de empadroamento. De ser o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.
De ser o caso, certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da unidade familiarSe solicita praza nun curso distinto de 4º de E. Infantil, certificación de matrícula e/ou académica do centro de orixe. |
25 de abril |
Publicación das listaxes provisionais de persoas |
Publicación no taboleiro interior do centro. |
15 de maio |
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas |
Publicación no taboleiro interior do centro (expostas ata comezo do curso seguinte). |
Do 20 ao 30 de xuño |
Formalización matrícula en Educación Infantil e Primaria. |
Presentación da documentación (facilítase no cole): - ANEXO III-1. - Documentación solicitada polo centro. |
C) Información importante:
- Se se quere facer constar varios centros por orde de preferencia, entregarase unha única solicitude no centro pedido en primeiro lugar.
- Presentar varias solicitudes de admisión en centros distintos suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder, a non ser que se renuncie expresamente por escrito ás solicitudes anteriores.
- No caso de que a solicitude estivese correctamente cumprimentada e o número de solicitudes presentadas fose inferior ao número de prazas ofertadas polo centro, o/a alumno/a aparecerá na listaxe provisional de admitidos que será publicada antes do 25 de abril.