Skip to Content

BIBLIOTECA TROTAAUGAS

 

REVOLTALLO DE COUSAS

VOZ NATURA

O obxectivo desta páxina é manter ás familias dos nosos nenos e nenas en contacto coa actividade diaria do Centro.

DÍAS FESTIVOS DECEMBRO

06/12/2023 00:00
08/12/2023 23:59
Europe/Amsterdam

HORARIO DE ATENCIÓN CURSO 2023/2024

 

Para facilitar a organización, as familias terán que pedir citar previa se solicitan unha titoría ou atención do Departamento de Orientación e/ou do Equipo Directivo.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2023/2024

Chegado o novo curso escolar, xa temos o noso calendario.

PREME na imaxe para ampliar ou descargar o documento adxunto.

 

 

 

REUNIÓNS INICIAIS COAS FAMILIAS - CURSO 2023/2024

Estimadas familias, como todos os anos xa podedes consultar os horarios das reunións iniciais cos titores/as que terán lugar o MÉRCORES 6 de setembro.

 

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2023/2024

Estos son os libros e material escolar que se necesitarán para o vindeiro curso 2023-2024 que comezará o día 11 de setembro.

Premede na imaxe correspondente:

                         

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTOS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023 - 2024

a) NORMATIVA LEGAL:

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)ACCEDE PREMENDO AQUÍ

 

b) DESTINATARIOS

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP.
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición adicional segunda (necesidades específicas de apoio educativo –NEAE-), circunstancia que fará constar o centro na solicitude.
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP e EE.

 

c) FORMA DE PRESENTACIÓN

  • PRESENTACIÓN PRESENCIAL

- Para facilitar a xestión deste procedemento, dende o centro educativo farémosvos chegar unha copia de cada anexo a cubrir.
- Cumplimenta: Anexo I e Anexo II.

SEGUE O TITORIAL PARA CUBRILO DE FORMA CORRECTA.

- Para a entregar os anexos e a documentación complementaria, podedes envialos polo alumnado e o propio titor/a recollerá a documentación para entregar en secretaría.

  •  PRESENTACIÓN  ELECTRÓNICA.  Enlace

        

c) DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.
  • En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e /ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.    
  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor e titores carezan de DNI e NIE.

 

NOTA: Lembrade que a persona que presenta e asina a solicitude é a mesma que ten que recoller os vales.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DO PROCESO DE ADMISIÓN.

As listaxes definitivas do proceso de admisión están expostas nos taboleiros interiores do colexio.

Todo o alumnado que solicitou praza no centro no periodo ordinario está admitido.

Recordámoslles que o prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño de 2023.

Nas vindeiras semanas porémonos en contacto coas familias para citalas á reunión de acollida, momento no que se realizará dita formalización.

BECAS ALUMNADO NEAE 2023/2024

O día 26 de abril de 2023 publicouse a convocatoria para o curso 2023/2024 sobre as axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Ditas axudas poderanse solicitar dende o 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023 pola Sede Electrónica  e entregalas no centro educativo.

Premendo na imaxe podedes acceder a toda a información ou resolvendo calquera dúbida chamando ao 886110435 en horario de atención de orientación.

DÍA NON LECTIVO.

Recordamos que o día 1 de maio é festivo e o día 2 é o día non lectivo escollido polos centros educativos do Concello do Porriño, polo que NON HABERÁ CLASE.
Vémonos o mércores 3 de maio. Desfrutade moito destes días.
 

LISTAXE DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2023/2024

A partir de hoxe podedes consultar no taboleiro de anuncios, situado no centro, a listaxe  de alumnado admitido para o curso 2023/2024.

Esa consulta tamén a podedes realizar de forma telemática na aplicación "Admision alumnado" empregando o certificado dixital ou Chave365.

 

 Todas as solicitudes presentadas en prazo foron admitidas.

Distribuir contido


by Dr. Radut