Skip to Content

BIBLIOTECA TROTAAUGAS

 

REVOLTALLO DE COUSAS

VOZ NATURA

O obxectivo desta páxina é manter ás familias dos nosos nenos e nenas en contacto coa actividade diaria do Centro.

RESERVA DE PRAZA - IES RIBEIRA DO LOURO

Dende o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro, está aberto o prazo de reserva de praza para alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES Ribeira do Louro.

 

Dito alumnado, deberá presentar no noso centro o ANEXO I debidamente cumprimentado. Dende o centro enviamos a documentación necesaria, pero podedes descargar este Anexo premendo na imaxe:

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación

 

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (01 de marzo de 2023).

 

resto do alumnado, desde Ed. Infantil ata 5º Ed. Primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten reservada praza de oficio no centro polo dereito de permanencia.

DÍAS NON LECTIVOS

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR.

 

O venres 14 de outubro, publicouso no DOG a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

Así pois, ten por obxecto articular a concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial para o curso escolar 2022/23.

Persoas destinatarias:

  • As familias que xa foron beneficiarias desta axuda para adquirir material escolar. Debe recoller o vale a persoa que realizou a solicitude inicial.
  • Alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso e ata o do 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar.

Contía: 25 € adicionais.

Uso do vale: As persoas beneficiarias deberán usar os vales nas librarías e demais establecementos o antes posible e, en todo caso, antes do 10 de abril de 2023.

 

Adxuntamos a resolución para maior información e, atenderemos calquera dúbida no centro educativo.

Coa finalidade de mellorar a organización do centro poderán pasar a recoller os vales dende o luns 17 de outubro e en horario de: 08:40 a 09:00 ou de 13:00 a 13:30 horas.

 

 

CAMPAÑA SOLIDARIA MARIOLA

Como todos os anos, Mariola Solidaria convídanos a colaborar no seu proxecto de recollida de roupa e calzado usado.

Grazas á solidaridade de todos/as, poderán seguir contribuíndo en proxectos da ONG Global Humanitaria, neste caso na India.

Recordade que as datas para que os nenos/as traian as bolsas ao centro serán o venres 30 de setembro e o luns 3 de outubro.

DÍA NON LECTIVO

BECAS NEAE 2022/2023

Recordamos que as persoas solicitantes teñen ata o venres, 30 de setembro, para entregar no centro as solicitudes para a beca de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Preme na imaxe para acceder a toda a información:

 

CURSO ESCOLAR 2022/2023

O día 8 de setembro comezamos as clases deste curso 2022/2023. Este ano traballaremos co proxecto da biblioteca en relación a tres temáticas: o cine, a música e o cómic.

Porén demos a benvida cun marcapáxinas moi especial da nosa pequena Troti, agasallo para cada neno e nena que poderán empregar nas súas axendas.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS PARA O CURSO 2022/2023

Estes son os libros e materiais que se necesitarán para o vindeiro curso 2022-2023 que comezará o día 8 de setembro:

 

                             

 

 

Para acceder a eles, podedes clicar na imaxe correspondente ou descargar os arquivos adxuntos.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTOS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022 - 2023

 

a) NORMATIVA LEGAL:

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). ACCEDE PREMENDO AQUÍ

 

b) DESTINATARIOS

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP.
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición adicional segunda (necesidades específicas de apoio educativo –NEAE-), circunstancia que fará constar o centro na solicitude.
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP e EE.

 

c) FORMA DE PRESENTACIÓN

  • PRESENTACIÓN PRESENCIAL

- Para facilitar a xestión deste procedemento, dende o centro educativo farémosvos chegar unha copia de cada anexo a cubrir.
- Cumplimentar: Anexo I e Anexo II
- Para a entregar os anexos e a documentación complementaria, podedes envialos polo alumnado e o propio titor/a recollerá a documentación para entregar en secretaría.

  •  PRESENTACIÓN  ELECTRÓNICA.  Enlace

        

c) DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.
  • En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e /ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.    
  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor e titores carezan de DNI e NIE.

 

NOTA: Lembrade que a persona que presenta e asina a solicitude é a mesma que ten que recoller os vales.

 

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN

As listaxes definitivas do proceso de admisión están expostas nos taboleiros interiores do colexio.

Todo o alumnado que solicitou praza no centro no periodo ordinario está admitido.

Recordámoslles que o prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño de 2022.

Nas vindeiras semanas porémonos en contacto coas familias para citalas á reunión de acollida, momento no que se realizará dita formalización.

Distribuir contido


by Dr. Radut