Protocolo COVID
RESUMO PROTOCOLO COVID-19 NO CEIP COUTADA- BEADE
Como medidas extraordinarias para este novo curso 20- 21 debemos lembrar unha serie de normas:
-
É obrigatorio o uso da máscara durante toda a xornada escolar. Os alumnos/as deben traer sempre unha de reposto nunha bolsa con asiña para un correcto uso das mesmas.
-
As portas abriranse ás 8:50 e non se permite o acceso de ningún adulto agás no caso de Educación Infantil. Moi importante chegar puntuais.
-
Para a saída as portas abriranse ás 13:40 quedando prohibido o acceso de adultos agás no caso de Educación Infantil. As persoas que veñan recoller o alumnado de E.P debes esperar fóra do portalón a que o mestre/a entregue o alumno/a. Temos una quenda de horarios que é moi importante respectar para o correcto funcionamento.
·
E.I: 13:45H.
·
1º E 2º DE E.P: 13:50H.
·
3º E 4º DE E.P: 13:55H.
·
5º E 6º DE E.P: 14:00H.
Os Mestres/as irán primeiro o portalón de arriba entregar alumnado e despois o portalón de abaixo, por favor lembrade puntualidade para non ter aglomeración de xente.
-
Na saída queda prohibido que un alumno/a do Centro vaia con outra familia do mesmo.
-
Todos os días o alumnado debe traer apuntada a temperatura da casa, para levar una folla de control, é obrigatorio.
-
Se o neno/a atópase mal, tivo ou ten febre, dor de barriga, descomposición, tos, malestar… non pode acudir ó Centro, esta medida é moi importante posto que debemos garantir a seguridade de todo o noso alumnado e é responsabilidade de todos/as respectar as normas.
-
NO CASO DE QUE ALGÚN ALUMNO/A DO NOSO CENTRO PRESENTE SINTOMATOLOXÍA COMPATIBLE CO COVID- 19 EN HORARIO LECTIVO LEVAREMOS A CABO AS SEGUINTES MEDIDAS TAL E COMO VEN RECOLLIDO NO PROTOCOLO.
- Aislar o neno/a a un espazo habilitado para estes casos cun mestre/a de garda.
- Chamar á familia para que veñan recoller o alumno/a.
- Chamar ó Centro de Saúde de referencia.
- Os responsables do neno/a deben acudir con el o seu PAC para que sexa atendido polo seu pediatra e lle fagan as probas pertinentes.
-
Na casa débense extremas as medidas de hixiene cos nenos/as, é moi importante a ducha diaria así como o lavado de roupa.
-
O material dos nenos/as será persoal e debe vir debidamente marcado da casa co seu nome.
-
Para manter sesión de titorías cos mestres/as, pódese pedir cita por medio de chamada telefónica, axenda escolar ou Abalar.
-
Para acceder é Centro para falar con algún membro do Equipo Directivo, recoller documentación…é imprescindible pedir cita telefónica.
-
É imprendindible respectar as normas, co fin de ter un curso seguro. Agradecemos a vosa colaboración.
O Claustro de mestres/as do CEIP Coutada- Beade